02:47 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

O Concello de Fene organiza o primeiro “10K de Fene”

A proba  desenvolverase o vindeiro 11 de outubro a partir das 16:30 horas. A liña de saída e de meta estará situada a carón da Praza Verde de Perlío, no punto quilométrico 0,430 da AC 133 Fene-Mugardos.  Simultáneamente, celebrarase unha andaina popular aberta a todos os públicos

Stadio Sport  |  19 de Septiembre de 2014 (17:00 h.)
Más acciones:

 

Segundo informan dende a concellería de Deportes, este primeiro “10K de Fene” está aberto a todos os atletas, federados ou non, que queiran participar en calquera das categorías previstas no regulamento (Probas de menores: Biberóns, nados/as no ano 2009/2010; Prebenxamíns, nados/as no anos 2007/2008; Benxamíns, nados/as nos anos 2005/2006; Alevíns, nados/as no 2003/2004; Infantís, nados/as no ano 2001/2002; Cadetes: nados/as nos anos 2.000/1999; Xuvenis: nados/as nos 1998/1997; Carreira absoluta: Sub 23: nados nos 96/95/94/93/92; Senior: de 23 a 34 años; Veteráns A: de 35 a 44 años; Veteráns B: de 45 a 54 años; Veteráns C: A partir de 55 años).

 

O calendario previsto para o desenvolvemento da proba é o seguinte:

  • 16:30 h. : Cadetes e xuvenis, nados nos anos 00/99/98/97: 3.600 mts
  • 17:00 h. : Infantís e alevíns, nados nos anos 01/02/03/04: 1.800 mts
  • 17:10 h.: Benxamín, nados nos anos 05/06: 800 mts
  • 17:30 h: Categoría Absoluta: nados no 96 e anteriores: 10.000 mts
  • 17:35 h.: Andaina 3,6 km.
  • 19:00 h: Prebenxamín, nados no anos 2007/2008: 100 mts
  • 19:05 h.: Biberón, nados nos anos 2009/2010: 80 mts

 

Para participar na carreira absoluta ou na andaina cómpre inscribirse ata o vindeiro mércores 8 de outubro a través de www.championchipnorte.com  e pagar a correspondente cota de inscrición (que ascende a 5 euros no caso da carreira absoluta e a 3 euros no caso da andaina, namentres que a inscrición nas carreiras de menores será gratuita).

Tamén se realizarán inscricións presenciais para a carreira absoluta e andaina ata o 8 de outubro no pavillón da Xunqueira, en San Valentín ou o  xoves 9 de outubro, de 10:00 a 14:30 horas, no lugar da recollida de dorsais que é o Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avenida Naturais, nº 44, entresollado. 15500. Fene)  O mesmo dia da proba NON  se poderán realizar inscricións.

Para as carreiras de menores, as inscricións realizaranse na Federación Galega de Atletismo (www.fgatletismo.es/ferrol)

 

Os participantes poderán retirar o dorsal o venres 10 e o sábado 11 de outubro nos seguintes lugares:

  •  Venres, 10: Concello de Fene (Avenida do Concello s/n. 15500. Fene) de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
  • Sábado 11: No lugar de saída (Praza Verde de Perlío) ata 45 minutos antes do comezo de cada proba.

A proba estará controlada polo comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. Ademais, para garantir o bo desenvolvemento da actividade, axentes da Policía Local de Fene e voluntarios de Protección Civil ocuparanse de vixiar o percorrido.

En canto aos trofeos e premios, tal e como se establece no regulamento, todos os corredores inscritos na carreira absoluta e na andaina serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa. Ademais, todos os biberóns  e prebenxamíns recibirán medallas unha vez finalizada a proba. E os tres primeiros clasificados das categorías benxamín, alevín e infantil, cadete e xuvenil, tanto masculina como feminina, recibirán medalla.

Na carreira absoluta, os tres primeiros clasificados de cada categoría -tanto masculina como feminina- recibirán trofeo. O mesmo que para os tres primeiros absolutos, homes e mulleres.

Todo o recadado na proba donarase a unha asociación benéfica de Fene.