22:50 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Bos resultados para os nosos pentatletas máis novos en Portugal

As e os nosos pentatletas galegos máis novos acadaron bos resultados no Open de Pentatlón Moderno de Vila Real (Portugal). Galicia acudía con sete deportistas das categorías menores (benxamín, alevín, infantil e cadete) e regresaron con catro primeiros postos e tres segundos postos

Stadio Sport  |  17 de Enero de 2015 (21:37 h.)
Más acciones:

 

Desta forma, Javier Pena foi primeiro e Manuel Sotelo segundo na categoría cadete, mentres que Martín Freije (que é infantil) competiu en cadete e logrou a primeira posición. En alevín, Lucas Pena foi o primeiro clasificado mentres que Óscar López (que por idade é benxamín) ocupou a segunda posición. Pola súa banda, Andrea Vidal acadou a primeira posición na categoría cadete (superior a que lle corresponde por idade) e Claudia Gámez foi segunda en alevín. 

Ao remate, todas e todos os participantes fixeron esgrima fóra da competición, tal e como sucedera hai un par de semanas na Coruña, para seguir mellorando na súa formación cara ao futuro.