21:39 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Aroa Freije, Raúl Blanco e Cristóbal Rodríguez disputarán esta fin de semana en Barcelona o Campionato de España de Péntatlon Moderno

Ademais esta proba é Open e contará coa participación de deportistas de doce países polo que outorga puntos para o ránking mundial

Stadio Sport  |  04 de Junio de 2015 (22:45 h.)
Más acciones:

 

Aroa Freije, Raul Blanco e Cristóbal Rodríguez participarán esta fin de semana no Campionato de España Individual de Péntatlon Moderno, que se celebrará en Sant Cugat del Vallés (Barcelona). Ademais esta proba é Open e contará coa participación de deportistas de doce países polo que outorga puntos para o ránking mundial.  A primeira en competir será Aroa, na proba feminina, que terá a súa competición o sábado no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat del Vallés. A nosa deportista, da categoría xuvenil, tentará realizar unha boa competición, agora que deixou atrás unhas molestias na nocello que lle estiveron impedindo adestrar nas últimas semanas. O pasado ano, Aroa proclamouse campioa de España da categoría cadete e esta fin de semana realizará a totalidade das modalidades (natación, esgrima, hípica e combinada) e competirá coas séniors. 

Na categoría masculina competirán Cristóbal Rodríguez, que defende o título de campión absoluto (foi campión nos anos 2010, 2013 e 2014). O deportista lucense está sufrindo bastante por culpa da asma, que non lle permite adestrar con normalidade, aínda que enfronta a proba con moitas gañas. Pola súa parte, Raul Blanco tentará dar un paso máis e proclamarse campión de España xuvenil. O pasado ano acadou a medalla de prata nesta mesma categoría.  

Nesta proba open participarán deportistas de 12 países, polo que se espera un alto nivel competitivo, que será moi positivo para os nosos deportistas. Ademais, terán a posibilidade de sumar puntos para o ránking mundial.