Recentemente, retirou 8.000 millóns. Hoxe quedan 35.000 e, segundo os expertos, no 2018 non quedará nada se continúan as actuais políticas de emprego do PP que apoian ou están dispostos a permitir o resto de partidos. O voto a Pedro Sánchez é imprescindible para o cambio”
Iago Fernández salientou que “a pesares desta situación real, todos os partidos políticos, agás o PSOE, garante a continuidade do PP. Agora xa está todo moi claro. Ciudadanos é de dereitas e vaia apoiar ao PP. E Podemos só quere desgastar ao partido socialista e non permitir que goberne. Polo tanto, a nosa responsabilidade é saír a gañar porque somos o único partido que pode traer o cambio a España”
O candidato ao Congreso explicou que “as políticas do PP dobraron o paro en Lugo e deixaron sen prestación ao 50% dos desempregados. Está claro que con eles a situación non vai a cambiar. Pero tampouco con Ciudadanos porque mantén a reforma laboral e introducir o contrato único para permitir despidos máis baratos. O PSOE vai a derogar a reforma laboral, converter o Estatuto dos Traballadores nunha verdadeira carta de dereitos laborais ou aprobar unha lei de igualdade salarial
“O PP fixo que os lucenses con pensións mínimas perdesen en 4 anos máis de 25 millóns. O PP continuará nesta senda e tamén Ciudadanos, que non quere poñer fin aos copagos. Nós volveremos a actualizar as pensións con respecto ao IPC e tumbaremos o copago, pois defendemos a poxa de medicamentos. Queremos apretar o cinturón ás compañías farmacéuticas e non ás persoas como fai a dereita”