A III Gala do Deporte Feminino Galego, celebrada onte no Concello do Porriño, amosou una vez máis o moito que teñen que dicir as nosas deportistas, entidades, adestradoras, xuízas.... Houbo moita emoción, satisfacción, maxia e sobre todo orgullo por saber que o Deporte Feminino Galego está a facer as cousas ben e que vai polo bo camiño
A gala, organizada por Mudega e patrocinada polo Concello do Porriño, permitiu facer un repaso polos bos momentos do deporte feminino galego no ano 2013, compartir tristezas e alegrías e tamén reclamar máis atención a todos: a sociedade, medios de comunicación e administración, "porque somos a metade da poboación".
Nesta festa estiveron case todos os premiados. So faltaron Aroa Freije (mellor deportista promesa), que se atopaba competindo en Francia (onde precisamente logrou o triunfo á vez que se celebraba a gala) e Bea Gómez (mellor deportista), que se encontraba nun campionato en Cataluña.
Pilar Neira, presidenta de Mudegá, indicou que “son moitos os retos que aínda temos que superar, moitas as barreiras que temos que derrubar, pero como reza o noso lema: XUNTAS FACEMOS EQUIPO, e a boa fe, que unidas conseguiremos aos poucos, eliminar as barreiras aínda existentes”.
Os momentos máis emocionantes da gala chegaron coa mención especial para Matilde Alonso (que levou unha grande ovación) e o premio a traxectoria para Gerardo Méndez, recollido pola súa muller Olga e a súa filla Sara, mentres que o máis reivindicativo estivo no discurso da ex presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos.
Unha gala que foi amenizada por tres parellas da Escola Pasos, que deleitaron ao público bailando diversos temas. Así, con emoción, orgullo e desexos de seguir crecendo e mellorando rematou a III Gala do Deporte Feminino Galego. E xa pensando na cuarta edición.
Mellor deportista |
Beatriz Gómez |
Mellordeportista con discapacidade |
Vicky Alonso |
Mellor traxectoria |
Gerardo Méndez |
Medios de comunicación/xornalista |
Silvia Carregal/Ellas también juegan |
Mellor adestrador/a |
Abel Estévez |
Mellor árbitra/xuiza |
Mónica Flores |
Iniciativa a prol do deporte feminino |
Club de Loita Olímpica San Ignacio |
Entidade privada amiga |
Godoy Maceira S.L. |
Entidade pública máis comprometida |
Concellería de Deportes da Coruña |
Directiva máis comprometida |
Mercé Barrientos |
Mellor equipo |
Burela F.S. Pescados Rubén |
Premio a mellor promesa |
Aroa Freije |
Mención especial |
Matilde Alonso Filgueira
|