04:03 h. domingo, 31 de mayo de 2020

Manuel Baltar, elixido membro da Xunta de Goberno da FEMP

O presidente da Deputación de Ourense amosou a súa satisfacción pola súa elección, expresando o seu agradecemento "por formar parte do órgano de dirección dun ente que engloba a máis de 8.100 concellos e aos gobernos provinciais de España"

O Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación Provincial e Concello sentan as bases para articular a integración do AVE en Ourense

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou que a xornada de traballo en Madrid sentou ás catro administracións implicadas na integración ferroviaria, “contemplando horizonte de 2018, cun ánimo totalmente constructivo e con absoluta lealdade institucional pensando nos intereses xerais dos veciños de Ourense”

A Deputación de Ourense entra no Consello Político de 'Partenalia'

A organización aprobou por unanimidade a incorporación de Manuel Baltar no órgano de xestión e a do presidente do County Council de Staffordshire (Reino Unido), Philip Atkins. A sede central de Partenalia está en Bruxelas e o goberno provincial ourensán terá a súa disposicións estas oficinas, ubicadas no centro político da Unión Europea

O I Congreso internacional da auga reúne en Ourense a 200 expertos

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, dixo na inauguración que orgullo, cooperación e futuro "son as tres palabras que resumen un evento como este no que a investigación e a divulgación son protagonistas para poñer en valor un elemento característico da nosa provincia: a auga"

O Concello formaliza a entrega á empresa concesionaria Viaqua das novas instalacións do abastecemento de auga a Ourense realizadas por ACUAES

As obras recepcionadas polo Concello son as correspondentes á captación da marxe dereita do Miño, a condución da captación da marxe dereita-ETAP, a estación de tratamento de auga potable (ETAP) de As Coiñás, a condución da ETAP ao depósito de As Eiroás, o depósito de Eiroás, o bombeo de Montealegre, a condución Montealegre-As Caracochas e o depósito de As Caracochas

Emprego, temas sociais e cooperación, centran o I Cumio provincial de alcaldes co presidente da Deputación de Ourense

Manuel Baltar destaca a importancia da autonomía local e da colaboración entre concellos e goberno provincial "para ter entre todos unha visión global de provincial". O presidente avanzou que os orzamentos do ente provincial para 2016 se incrementarán e incluirán un Plan de Axuda á Empregabilidade nos concellos e un Plan de Mocidade Activa

Deputación e Concello de Ourense reafirman a súa colaboración conxunta

O goberno provincial achegará no bienio 2015-2016 un total de 250.000 euros á capital ourensá para actuacións nos ámbitos termal, cultural, turístico e de infraestruturas deportivas. Por primeira vez o Concello de Ourense entra no Plan Provincial da Deputación, en 2016, cun orzamento de 52.500 euros que se destinará a ao ámbito rural da capital

Baltar propón un novo financiamento local, abordado conxuntamente co autonómico

Na conferencia que ofreceu no Fórum Europa, en Santiago, titulada "Reformulando a política provincial", reivindicou a inclusión da FEMP no Consello de Política Fiscal e Financeira. O presidente da Deputación de Ourense pide "un gran pacto político demográfico" ante o problema da crise demográfica, "que leva aparellada unha consecuencia clara: a perda de peso específico dun territorio"

Ourense inaugura Termatalia 2015

O presidente do goberno provincial participou no acto de inauguración da 15ª edición da feira termal máis importante do sector, xunto ao ministro de Sanidade, Antonio Alonso