00:06 h. viernes, 19 de abril de 2024

XXIX Xornadas Penitenciarias lucenses‏

Stadio Sport  |  29 de septiembre de 2015 (02:42 h.)

Elena Candia agradeceu o compromiso da Asociación Concepción Arenal e lembrou que a Deputación colabora con estas xornadas a través dunha axuda de 5.000 euros

 

Este luns tivo lugar a inauguración das Xornadas Penitenciarias Lucenses e da entrega de medallas Concepción Arenal por parte da presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia.

Recibiron medalla a Obra Social ‘La Caixa’; Xestoría-Asesoría Rozas Campos; D. Manuel Iglesias Regueiro (Capitán da Garda Civil e responsable da protección dos Centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso durante oito ano, así como do servizo de condución de presos); Fisioterapia Lugo-JR Meilán, Grupo Salud; Dna. Laura Suárez González (subdirectora de tratamento do Centro Penitenciario de Bonxe dende 2013); Dna. Eva Paz Bermúdez (Traballadora Social do Concello de Vilalba); Asociación Luz Acesa; Ilma. Dona Pilar de Lara Cifuentes (Maxistrada Xuíz, titular do Xulgado de Instrucción nº1 de Lugo) e Excmo. D. José Luís Manzanares Samaniego (Ex maxistrado da Sala do Penal do Tribunal Supremo, ex vicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudial, ex Maxistrado do Tribunal Constitucional e Conselleiro Permanente de Estado).

Na súa intervención, Elena Candia dixo que “xa son 29 anos, pois, os que Lugo ten a honra de recibir aos máis destacados especialistas nas materias sometidas a análise, especialistas que nos ofrecen sempre interesantes reflexións sobre temas de plena actualidade, coma a reforma do Código Penal abordada nesta ocasión”.

A presidenta agradeceu o compromiso da Asociación Concepción Arenal e lembrou que a Deputación colabora con estas xornadas a través dunha axuda de 5.000 euros. A conferencia celebrada hoxe, baixo o título de ‘A reforma do réxime de penas e a súa aplicación’, foi pronunciada por Don José Luís Manzanares Samaniego,  exmaxistrado da Sala do Penal do Tribunal Supremo, exvicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, exmaxistrado do Tribunal Constitucional e conselleiro Permanente do Estado. Na inauguración das xornadas tamén estivo presente o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo.

As xornadas continuarán este martes tamén na Salón de Actos da Deputación. A maxistrada do Xulgado de Instrución Nº1 de Lugo, dona Pilar de Lara Cifuentes, ofrecerá a conferencia ‘Desaparición das faltas: novos delitos leves’.

Hemeroteca