10:28 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Veiga participou na entrega de premios da XVI Carreira Popular Concello de Viveiro – Memorial Julián Bernal

Stadio Sport  |  22 de septiembre de 2014 (03:00 h.)
IMG_3553

Máis de 400 atletas participaron nunha proba que colabora co banco de alimentos de Viveiro e na que nesta edición se homenaxeou á atleta luguesa Alessandra Aguilar. A pontenovense Ana González Margaride impúxose entre as mulleres e o lugués Carlos Villamor entre os homes

 

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou onte na entrega de premios da decimosexta edición da carreira popular Concello de Viveiro-Memorial Julián Bernal, que se desenvolveu na cidade do Landro entre hoxe e onte. A proba viveirense serviu este ano para homenaxear á atleta luguesa Alessandra Aguilar. Os seus pais recibiron no seu nome un agasallo, xa que ela non puido asistir debido a que tivo que viaxar a Madrid para pasar unha revisión médica ao estarse recuperando dunha lesión

 

 

A proba, organizada polo Club Deportivo Egovarros e o Concello de Viveiro, en colaboración coa institución provincial, tivo a súa primeira cita onte, cando máis de 200 atletas participaron nas probas de categorías inferiores –un total de nove-, desde os biberón (de 0 a 3 anos) ata as rapazas cadetes. Xa hoxe foi o turno para a proba absoluta, na que competiron un total de 187 corredores, desde a categoría cadete feminina ata os veteranos. Todos eles tiveron que darlle dúas voltas a un circuíto de algo máis de 6 quilómetros, polo que finalmente percorreron uns 13 quilómetros. Ao final da proba e trala entrega de premios, houbo unha pinchada para todos os participantes e os seus acompañantes.

 

 

450 euros en premios

A organización repartiu 450 euros en premios. Os tres mellores da proba absoluta, tanto na categoría feminina como na masculina, recibiron 100, 75 e 50 euros, respectivamente. Mentres, os tres primeiros de todas as categorías tamén foron obsequiados cun trofeo.

 

 

RESULTADOS

- Absoluta Feminina:

1.ª Ana González Margaride (A Pontenova)

2.ª Carmen Pilar García Iglesias (Asturias)

3.ª María José Grobas Garaboa (Ordes)

 

- Absoluta Masculina:

1.º Carlos Villamor Castiñeiras (Lugo)

2.º Simón González Río (Burela)

3.º Pablo Fernández Vázquez (Ourense)

 

- Cadete Masculina:

1.º Juan Luis Gómez Iglesias

2.º Yago Freije Mariño

- Sénior Feminina:

1.ª Virginia Polo Campello

2.ª Ana Arlín Rodríguez

3.ª Karola Bohhe

 

- Sénior Masculina:

1.º Carlos Villamor Castiñeira

2.º Simón González Río

3.º Alejandro Paleo Mosquera

 

- Veteranas A Feminina:

1.ª Ana González Margaride

2.ª María José Grobas Garaboa

3.ª María Luisa López García

 

- Veteranos A Masculina:

1.º Pablo Fernández Vázquez

2.º Juan Carlos Villadóniga Garrote

3.º Ramón Silva López

 

- Veteranas B Feminina:

1.ª Carmen Pilar García Iglesias

2.ª Manuela Guisasola Escudero

3.ª María Jesús Devesa Ferreiro

 

- Veteranos B Masculina:

1.º Andrés Piñón Loureiro

2.º Francisco Sánchez Núñez

3.º Juan Carlos Martínez Valverde

 

- Veternas C Feminina:

1.ª Isabel Brea Posse

2.ª Olga Fernández Valdés

3.ª Begoña de Arriba Belloguín

 

- Veteranos C Masculino:

1.º Carlos Piñeiro Rivas

2.º Jesús Arca Canto

3.º Jorge Rodríguez Vilariño

 

- Veteranos D Masculino:

1.º Emilio Martínez Anta

2.º Juan Luis Gómez del Río

3.º José María Pérez Otero

 

- Veteranos E Masculino:

1.º Javier Toro Montero

2.º José Manuel Dopico Soto

3.º Emilio Toral Romero

 

- Veteranos F Masculino:

1.º José Luis Herodio Vázquez

2.º Luis Miguel García Fernández

3.º Manuel Antonio Latorre Díaz

 

- Veteranos G Masculino:

1.º Antonio Cabana Orosa

2.º Manuel Robles Cabanillas

3.º Manuel García Alfonso

Hemeroteca