Imprimir

Turismo de Galicia promove a oferta turística galega na World Travel Market, a feira máis importante do mercado británico

Stadio Sport | 03 de Noviembre de 2015

Trátase dunha das citas clave para a industria turística a nivel mundial e unha das plataformas de promoción máis relevantes dentro das feiras do sector. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, viaxou a Londres para manter encontros cos profesionais do sector e difundir a oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago

 

Turismo de Galicia está a promocionar en Londres a oferta turística galega dentro da feira World Travel Market (WTM), o certame turístico máis importante do mercado británico e un dos máis importantes do mundo.

Trátase dunha das citas clave para a industria turística a nivel mundial e unha das plataformas de promoción máis relevantes dentro das feiras do sector.

Este certame aberto exclusivamente a profesionais, que celebra neste ano a súa 36ª edición, está a reunir nestes días na capital británica a máis de 51.000 profesionais do turismo dispostos a coñecer as novidades da industria.

Turismo de Galicia ten a súa presenza dentro do stand de Turespaña, coordinado pola OET de Londres.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, viaxou a Londres para manter encontros cos profesionais do sector e difundir a oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago.

Así mesmo, Turismo de Galicia continúa coa súa aposta pola colaboración público-privada e, tamén nesta ocasión, está a realizar a promoción de maneira conxunta co Clúster de Turismo de Galicia. Así, un numeroso grupo de profesionais e empresarios do sector turístico galego están a realizar relacións comerciais con compradores e provedores da industria nunha área de traballo destinada ás empresas.

Deste xeito, Turismo de Galicia está a difundir os valores da marca do turismo galego e os seus principais produtos turísticos co obxectivo de afianzar a chegada de turistas británicos a nosa comunidade.

Ademais, grazas a esta participación estanse a potenciar as relacións entre os empresarios turísticos de Galicia e os operadores británicos e do resto do mundo presentes no certame.

 

Mercado británico

No que vai de ano aloxáronse nos establecementos hoteleiros de Galicia un total de 55.495 turistas británicos, o que supón un incremento do 19,4% con respecto ao mesmo período de 2014.

O mercado británico supuxo, nestes primeiros nove meses, o 6,5 por cento de todos os turistas estranxeiros que visitaron Galicia, o que implica que o inglés é o sexto mercado internacional máis importante para a comunidade galega despois de Portugal, Alemaña, Italia, Francia e EE.UU.

No tocante á cifra de peregrinos, no que vai de ano, recolleron a Compostela na Oficina do Peregrino de Santiago un total de 5.289 peregrinos británicos, o que sitúa ao mercado británico como o sétimo mercado estranxeiro que máis peregrinos proporcionou ao longo deste 2015.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/galicia/turismo-galicia-promove-oferta-turistica-galega-na-world-travel-market-feira-mais-importante-do-mercado-britanico/20151103174419046602.html

Stadio Sport
© 2018 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS