00:02 h. viernes, 19 de abril de 2024

Trece medallas para Galicia no Campionato de España Cadete de Taekwondo en Tarragona

Stadio Sport  |  22 de marzo de 2015 (23:00 h.)
IMG-20150321-WA0031

O pasado ano, Galicia logrou un total de dez medallas (oito para a selección e dúas para deportistas de clubs galegos) no Campionato de España cadete que se celebrou en Marina D´Or (Castellón)

 

Galicia logrou o sábado, nunha xornada maratoniana, un total de trece medallas (8 da selección galega e 5 de clubs) no Campionato de España que se celebrou en Tarragona coa participación de máis de 450 deportistas. A selección galega acadou tres ouros (Unai Silva, Aitana Santomé e Tania Castiñeira), dúas pratas (Elena Currás e Noah Pena) e tres bronces (Brais Guardado, Ana Dosil e Daniel Corrales), mentres que por clubs houbo unha prata (Sergio Gonzalo) e catro bronces (Silvia García, Nerea Piedras, Brian Franco e Leticia Trigo). A competición rematou moi tarde e non se anunciaron aos resultados por equipos. 

A Federación Galega de Taekwondo sumou tres campións de España. Unai Silva (-57, Mace Sport) proclamouse campión de España tras superar na final a Miguel Arenas (Baleares) de forma rotunda (12-5. Antes eliminou a Agustín de la Morena (San Agustín) por 5-10; a Oriol Pérez (1-14) e nas semis a José Fabio Vivas nun axustado combate (0-1). 

En -55, Aitana Santomé (Patiño) tivo como principais rivais as representantes de Cataluña: Primeiro en semifinais (Presentación Martínez, gañou 4-6) e posteriormente na final a Cheyenne Brito (no punto de ouro). Na primeira rolda eliminou á galega Uxía Domínguez (14-1) e na seguinte a Marina Hernández  (Os Olimpic) por 5-2. 

No peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) logrou o pase á final, tras superar nas semifinais a Violeta Pérez, de Euskadi, por 9-5. E a galega logrou o ouro gañando no último combate a Goizane Maestro (Euskadi) por un rotundo 8-4. Con anterioridade eliminou a María José Guerrero (club Alexandra) no combate máis apertado (4-3) na primeira rolda, e na segunda a Ana de la Rosa (Madrid) por 3-9.

Pratas. En -29 tivemos un enfrontamento galego nas semifinais. Nerea Piedras (Taekanart) caeu contra Elena Currás (Patiño) e logrou a medalla de bronce. Pola súa banda, Currás tivo o ouro moi preto. Escapouse por nada. Enfrontouse na final a Blanca Calvo (Valencia) e o combate rematou con empate (2-2) e no punto de ouro (0-0). Desta forma, tivo que decidirse o campión de España por decisión arbitral e caeu a vitoria a favor da valenciana por só un rexistro. Prata para Currás e bronce para Nerea. 

En -37, medalla de prata para Noah Pena (Patiño) logrou o pase á final tras superar á semifinal (6-3) contra Lorena Ortega (Cataluña). Na final perdeu contra Alba Palmer (14-2). A terceira prata galega foi para Sergio Gonzalo (- 53, Natural Sport), que foi superado na final polo representante de Cataluña, Adrián Madrueño. 

Bronces. En -44, Leticia Trigo (Patiño) conseguiu a medalla de bronce. Na loita por clasificarse para a final, caeu fronte a Madrid. Ana Dosil (-51, Natural Sport Riveira) acadou a medalla de bronce tras perder nas semifinais contra Esther Asensio (Cataluña) por un 0-1. Silvia García (Moo Duk Kwan) logrou o bronce en -59 quilogramos, tras caer nas semifinais contra a representante de Valencia (5-0).  

En chicos, os bronces foron para: Brais Guardado (-65, Sares TKD) perdeu nas semifinais contra Jonh Kevin Cabuntasen (Cataluña) por un resultado de 1-4. Daniel Corrales (Patiño) acadou o terceiro posto no podio no peso pesado. Perdeu nas semifinais contra Yeray Robledo (Taekwondo  Nazaret) por 6-1. Ademais, neste mesmo peso, Brian Franco (Taekanart) sumou outro bronce ao perder nas semifinais contra Francisco García (Andalucía) por un resultado  contundente (11-1). 

O pasado ano, Galicia logrou un total de dez medallas (oito para a selección e dúas para deportistas de clubs galegos) no Campionato de España cadete que se celebrou en Marina D´Or (Castellón). En total, catro ouros, unha prata e cinco bronces para as e os deportistas galegos. Ademais, na clasificación por equipos Galicia foi prata na categoría masculina e na xeral.

Hemeroteca