14:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Toman posesión sete novos cabos do Servizo de Bombeiros do Concello de Ourense

Stadio Sport  |  30 de diciembre de 2015 (19:30 h.)

Con estes nomeamentos, de promoción interna, quedan liberadas sete prazas da plantilla que serán incluidas na Oferta Pública de Emprego de 2016

Este mércores tomaron posesión dos seus postos sete cabos. Estes ascensos (foron mediante promoción interna), posibilita, segundo explicou esta mañá o alcalde, Jesús Vázquez, poder sacar un maior número de prazas de bombeiros e de bombeiros-conductores na Oferta Pública de Emprego de 2016. A normativa actual permite convocar oposición para estas prazas, a maiores da tasa de reposición por xubilación.

A plantilla actual do Servizo de Bombeiros é de 54 persoas.

O alcalde, Jesús Vázquez, vinculou este asunto coa aprobación, esta mañá en Xunta de Goberno, do inicio do expediente para a adquisición dun furgón de rescate para o Servizo de Bombeiros, baseado no acordo marco de vehículos industriais do Ministerio de Economía y Hacienda. Para elo, aprobouse tamén un gasto de 184.300 euros para dita adquisición en 2016, cuxo 90% será asumido por Unexpa. Con estas medidas, o Goberno Municipal pretende mellorar na medida do posible este servizo municipal.

Hemeroteca