Imprimir

Susana Rodríguez, campioa de Europa de Duatlón en Alcobendas

Stadio Sport | 26 de abril de 2015

Inés Santiago foi a sexta na proba júnior feminina

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A viguesa Susana Rodríguez logrou o título de campioa de Europa de Duatlón en Alcobendas. Foi unha carreira moi complicada por culpa dunha avaría na bicicleta. A galega sufriu a rotura do cambio durante o sector de bicicleta e tivo que rematar sen meter prato. A clave era rematar, xa que Susana competía sola polo que continuaron ata o final a pesar das dificultades. A viguesa enfronta unha tempada fundamental, xa que está en xogo a clasificación para os primeiros Xogos Paralímpicos nos que o tríatlon forma parte do programa paralímpico (Río 2016). 

Desta forma, Susana (con Blanca Lavandeira do Mar de Vigo coma guía) acadou o título cun tempo de 01:22:32. As distancias para os deportistas con discapacidade foron de 4,8 de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe. 

 

Júnior feminina

Pola súa banda, Inés Santiago logrou a sexta posición no Campionato de Europa Júnior feminino de Duatlón. Inés quedou descolgada nos últimos metros do primeiro segmento de carreira a pe e esta situación foi determinante no resto da proba. Aínda que a galega traballou a fondo nas primeiras voltas para intentar engancharse ao primeiro grupo, por diante sabían que era fundamental deixala fóra e se esforzaron ao máximo en manter as diferenzas. 

Na segunda parte da bicicleta, Inés relaxou o ritmo para centrarse no último sector de carreira a pe, no que logrou o cuarto mellor parcial. Ao final, sexta posición para Inés Santiago neste campionato de Europa de Duatlón cun tempo de 01:04:59. O triunfo foi para a francesa Lucie Picard (01:02:40). 

Entre as inscritas figuraba Cecilia Santamaría, que non se presentou por lesión.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/atletismo1/susana-rodriguez-campioa-europa-duatlon-alcobendas/20150426163016035701.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS