00:03 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Os socialistas demandan “un plan galego de dinamización dos parques empresariais” e unha maior coordinación entre as consellerías de Industria e Infraestruturas

Stadio Sport  |  24 de septiembre de 2015 (17:47 h.)

No debate dunha proposición non de lei en comisión, rexeitada polo PP, o portavoz de Industria do PSdeG, Abel Losada, lembrou que “as dotacións de capital humano, físico e financeiro son os tres piares fundamentais para o desenvolmento de proxectos empresariais solventes, pero en Galicia temos un problema evidente”

 

Os socialistas galegos demandaron este xoves no Parlamento “un plan galego de dinamización dos parques empresariais” e unha maior coordinación entre as consellerías de Economía e Industria e a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

No debate dunha proposición non de lei en comisión, rexeitada polo PP, o portavoz de Industria do PSdeG, Abel Losada, lembrou que “as dotacións de capital humano, físico e financeiro son os tres piares fundamentais para o desenvolmento de proxectos empresariais solventes, pero en Galicia temos un problema evidente”.

“O financiamento per cápita a empresas non chega á metade da media española e o Igape aporta cuantías moi pequenas, por moito que o PP diga que a realidade é outra e o finaciamento ilimitado”, sostivo o deputado socialista. Con respecto ao capital físico, “os custos enerxéticos son moi elevados e as dúas consellerías implicadas no chan industrial non traballan de forma conxunta”.

“A xestión da Consellería de Infraestruturas é inmobiliaria, ten pouco chan e o comercializa, pero o prezo por metro cuadrado en Salvaterra multiplica por dez ao de Vilanova da Cerveira, por poñer un exemplo”, apuntou. Losada demandou á Xunta que atenda as peticións “dos diferentes axentes económicos que interveñen nos procesos produtivos da nosa comunidade e que coinciden na existencia de graves problemas de axuste entre a oferta e a demanda no chan industrial”.

“O goberno galego debe impulsar accións en coordinación cos parques empresariais galegos e coa organización representante dos parques para coñecer a súa situación e as súas necesidades, tanto en termos de dotacións físicas como técnicas”, engadiu, antes de rematar esixendo “que se amplíe o orzamento nun 50%, así como os obxectivos e beneficiarios na liña de axudas que publica a Consellería de Economía e Industria para a mellora dos parques”.

Hemeroteca