00:01 h. jueves, 25 de abril de 2024

As seleccións galegas de balonmán infantil, cadete e xuvenil viaxan a Castellón para disputar o Campionato de España

Stadio Sport  |  02 de enero de 2015 (02:49 h.)
IMG-20150101-WA0008

Os combinados galegos partiron esta madrugada en autobús coa ilusión de facer un bo torneo

 

As seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas partiron  hoxe día 1 de xaneiro en dirección a Castellón, onde terán lugar os campionatos de España de seleccións territoriais destas categorías entre os días 2 e 7 de xaneiro. Os combinados galegos viaxan coa máxima ilusión despois de varios meses de traballo preparando esta importante cita. 

A expedición  galega está formada por máis de 120 persoas (deportistas, técnicos, fisios, árbitros e delegados) e partiron en tres autobuses dende Vigo, Pontevedra e A Coruña, para chegar a Castellón a media tarde. 

Será a segunda vez que se  celebren os tres campionatos de forma simultánea na mesma comunidade. O pasado ano foi Asturias quen acolleu este torneo e este ano a competición terá lugar en Castellón. Este gran evento reunirá a case dos mil deportistas das 17 comunidades autónomas e as cidades autónomas de Melilla e Ceuta. 

En total participarán 106 seleccións, disputaranse 303 partidos en 13 pistas de xogo de seis poboacións (Castellón, Onda, Villareal, Almassora, Les Alqueries e Oropesa), haberá 55 parellas arbitrais, 140 voluntarios e 50 membros da organización.

 

 

A competición comezará mañá día 2 e as seleccións galegas terán o seguinte calendario: 

Infantil feminino. Galicia, dirixida por Alejandro Ocampo, está incluída no grupo A xunto a Madrid, Navarra e Valencia. O primeiro partido celebrarase o día 2 contra Madrid a partir das 19:00 horas.  

Infantil masculino. O equipo galego, con Andrés Martínez coma adestrador,  conforma o grupo B xunto a Castela a Mancha, Aragón e Madrid (campioa 2014). Galicia debutará no torneo fronte a Aragón (17:15 horas). 

Cadete feminino. Mónica Barreiro é a seleccionadora do equipo cadete feminino que debutará mañá 2 de xaneiro contra Euskadi (20:45 horas). Forma parte do Grupo A xunto a Euskadi, Valencia e Castela a Mancha. 

Cadete masculino. O equipo galego enfrontarase a Asturias, Andalucía (campión 2014) e Canarias no grupo A. O primeiro partido será contra Asturias o día 2 (15:30 horas). No 2014, Galicia logrou o carto posto no Campionato de España disputado en Asturias, onde fixo un gran torneo. O adestrador cadete masculino é Sergio Carballeira. 

Xuvenil feminino. A selección xuvenil feminina, dirixida por Ismael Martínez, terá un complicado grupo (B), xa que se enfrontará a Cataluña (3ª en 2014) Valencia (2ª en 2014) e Asturias. Debutarán o día 2 (20:45 horas) contra Valencia en Castellón. 

Xuvenil masculino. Galicia forma parte do Grupo A xunto a Castela e León, Castela a Mancha e Andalucía, un grupo duro xa que os andaluces lograron a medalla de prata o pasado ano, mentres que Castela e León foi bronce. O primeiro partido será contra Castela a Mancha o día 2 (15:30 horas). Adestrador: Luís Montes.

Hemeroteca