00:01 h. sábado, 20 de abril de 2024

A Selección Galega de Técnica participará no VII Open Villa de Fuente Álamo

Stadio Sport  |  19 de febrero de 2015 (20:57 h.)
open

É un torneo cun alto nivel competitivo xa que conta coa participación de clubs e federacións punteiras en pumses como Catalunya ou Valencia

 

A selección galega de técnica, formada por 34 deportistas, participará o sábado 21 de febreiro no VII Open Internacional Villa de Fuente Álamo (Murcia) cadete, júnior e sénior. É un torneo cun alto nivel competitivo xa que conta coa participación de clubs e federacións punteiras en pumses como Catalunya ou Valencia.  

Nas edicións anteriores participaron campións do mundo, campións de Europa e medallistas e finalistas en ambas citas, polo que os técnicos da Federación Galega de Taekwondo consideran que é un bo test para seguir medrando neste inicio de tempada.

Hemeroteca