10:28 h. jueves, 28 de marzo de 2024

A segunda edición de Gastroarte abre as súas portas en Lugo

Stadio Sport  |  03 de octubre de 2015 (18:58 h.)

A feira coa que o Concello de Lugo promove os produtos gastronómicos e artesáns

 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, visitaron este sábado os expositores da segunda edición de Gastroarte, a feira de artesanía e gastronomía que pon en marcha o Concello de Lugo para promover os produtos gastronómicos e artesáns aproveitando a afluencia de visitantes á capital durante os días de celebración do San Froilán, Festa de Interese Turístico Galego e Nacional.

Gastroarte conta cuns 50 postos que estarán abertos ata o día12 de outubro no paseo central da Avenida Ramón Ferreiro, en horario de 11:00 a 00:00 horas os días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de outubro, e de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 23:00 horas os días 6, 7, 8 e 9 de outubro.

Hemeroteca