Imprimir

Santiago de Compostela acolle este sábado os campionatos galegos de loitas olímpicas

Stadio Sport | 26 de febrero de 2015

O pavillón municipal do Restollal de Santiago de Compostela, acolle este vindeiro sábado 28 de Febreiro en xornada de mañá os campionatos Galegos júnior e escolar de Loitas Olímpicas

 

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Stellae e o Concello de Santiago organizan este campionato Galego con un total de 158 inscricións para as categorías júnior e escolar, este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 16 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.

A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse o campionato.

Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán os campionatos de España representando a Galicia, o vindeiro sábado 28 de Marzo. Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.

Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 12 x 12 metros.

Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Santiago de Compostela, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo. A Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Coruña, así como os patrocinadores colaboran para que sexa viable o evento.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/polideportivo1/santiago-compostela-acolle-sabado-campionatos-galegos-loitas-olimpicas/20150226225922032889.html

Stadio Sport
© 2020 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS