Imprimir

Este sábado sae do Tui o II Ralli do Descubrimento coa participación de 33 vehículos clásicos

Stadio Sport | 18 de marzo de 2015

O ralli dividirase en dúas etapas compostas por tres seccións en total

 

Este sábado, 21 de marzo, o Concello de Tui será o lugar de saída da segunda edición do Ralli do Descubrimento, organizado pola Escudería Vigo Clásicos, en colaboración co Concello de Tui. Trinta e tres vehículos de antes do ano 1970 concentraranse no Parador de Tui, entre as 09.30 e as 10.30, sendo o horario de saída a partir das 11.15 horas.

Compre destacar a participación de dous Hispano Suiza de 1926, de dous Cádillac, dun Bugatti T57, así como de varios modelos Mercedes e Porsche.

O ralli dividirase en dúas etapas, compostas por tres seccións en total. Os participantes sairán dende Tui percorrendo parte do municipio, dirixíndose a continuación ao concello de Tomiño, rematando a xornada no Parador de Baiona. O domingo 22, a proba partirá ás 11.00 horas, percorrendo o municipio de Gondomar e rematando a proba nas instalacións do IFEVI.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/motor/sabado-sae-do-tui-ii-ralli-do-descubrimento-coa-participacion-33-vehiculos-clasicos/20150318204051034000.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS