Imprimir

Preto de 50 vehículos de toda a comarca do Baixo Miño participarán no II Rally San Telmo de Regularidade

Stadio Sport | 25 de septiembre de 2015

A proba é solidaria, xa que os participantes deberán entregar 5 quilos de alimentos coa súa inscrición. Os coches participantes estarán en Tui, na traseira da Área Panorámica, de 15h a 17h, para poder ser contemplados polos asistentes

 

Preto de 50 vehículos de toda a comarca do Baixo Miño e do norte de Portugal participarán no II Rally San Telmo de Regularidade. Este xoves, ás 12.30 horas españolas, no edificio da Cámara Municipal de Valença, realizouse a presentación do “II Rally da Regularidade San Telmo”, organizado pola Escudería Doña Urraca, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar este sábado día 26 de setembro.

Á presentación acudiron Laureano Alonso, concelleiro de Deportes de Tui, José Monte, vereador de Deportes da Cámara Municipal de Valença e Marcos Romero, presidente da Escudería Doña Urraca.

Laureano Alonso e José Monte, concelleiros de Deportes, coincidiron en subliñar a importancia deste rally, xa que se trata dunha importante iniciativa para dinamizar a Eurocidade, ó fortalecer a vida comercial e hostaleira das dúas cidades.

Marcos Romero, presidente da Escudería Doña Urraca, deu conta de que esta proba ten un cariz solidario, xa que os participantes deben entregar 5 quilos de alimento no momento de inscribirse, que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño e á Loja Social de Valença.

Os coches participantes estarán na Fortaleza de Valença de 13h a 15h e na traseira da Área Panorámica de Tui de 15h a 17h para poder ser contemplados polo público asistente. A partir das cinco da tarde, comeza a carreira. O itinerario da ruta vai ser secreto ata o momento da saída, e ós participantes entregaráselles unha guía da ruta. Deberán manter a súa velocidade, que será controlada polos membros da organización. Unha vez finalizada a proba farase unha cea cos participantes onde se fará a entrega de premios.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/motor/preto-50-vehiculos-toda-comarca-do-baixo-mino-participaran-no-ii-rally-san-telmo-regularidade/20150925000021044195.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS