00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O presidente da Xunta felicita a Javier Gómez Noya pola consecución do seu cuarto título mundial

Stadio Sport  |  02 de septiembre de 2014 (03:00 h.)
gomez noya

Considera o triatleta ferrolán como un dos mellores deportistas galegos da historia e un exemplo para toda a cidadanía, especialmente para os máis novos

 

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quere transmitir, no nome da Xunta de Galicia e no de todos os galegos, os seus parabéns a Javier Gómez Noya pola súa vitoria nas Series Mundiais de tríatlon. O deportista ferrolán acadou onte o seu cuarto triunfo na máxima competición internacional deste deporte olímpico, tras acabar en terceira posición na Gran Final celebrada na localidade canadense de Edmonton.

O mandatario galego enxalza a capacidade de esforzo, loita e sacrificio amosada por Gómez Noya ao longo da súa carreira deportiva, que o converten nun exemplo para toda a cidadanía, especialmente para os máis novos. Grazas a estes valores, o novo campión do mundo de tríatlon ten conseguido un palmarés extraordinario, no que destacan a súa medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Pekín e os títulos mundiais de 2008, 2010, 2013 e, desde onte, 2014. Por todo iso, o presidente da Xunta considera a Gómez Noya como un dos mellores deportistas galegos da Historia e deséxalle sorte de cara aos seus próximos retos. 

Hemeroteca