Imprimir

Pablo Dapena, 15º na Copa do Mundo de Tríatlon en New Plymouth

Stadio Sport | 22 de marzo de 2015

Esta fin de semana celebrouse a Copa do Mundo de New Plymouth cunha destacada actuación de Pablo Dapena, que logrou rematar a proba na 15ª posición

 

Pola súa banda, Uxío Abuín finalizou moi atrás, na posición 53. Esta é a segunda proba da Copa do Mundo da tempada e realizouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe).

O galego estivo entre os mellores dende o inicio. Saiu da auga a uns 35 segundos do líder, o estadounidense Tommy Zaferes. Tamén estaba ben situado Uxío Abuín, moi preto de Pablo. Na bicicleta formouse un grupo en cabeza formado por uns 30 deportistas e entre eles estaban tanto Dapena coma Abuín, pero moi pronto Uxío quedou descolgado.

No tramo de carreira a pe, Pablo seguiu dando a cara e logrou esta décimoquinta posición (53:34) que lle permite sumar puntos para o ránking mundial. O gañador da proba foi o sudafricano Richard Murray (52:38).

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/atletismo1/pablo-dapena-15-na-copa-do-mundo-triatlon-new-plymouth/20150322205521034168.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS