12:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Nova remontada do HG CP Cerceda ante o Enrile PAS Alcoy

Stadio Sport  |  15 de febrero de 2015 (23:47 h.)
62.2014-2015.Jornada21.HGCPCerceda-vs-Alcoy5

Os de Juan Copa conseguiron a vitoria despois de remontar un 0-2 e acabar impoñéndose 5-4 para consolidar a sexta plaza empatados co quinto clasificado

 

Importante triunfo o que sumaba na mañá deste domingo o HockeyGlobal CP Cerceda ante o Enrile PAS Alcoy por 5-4 na 21ª xornada da OK Liga, o que lle permite superar ao conxunto alacantino na clasificación e consolidar a súa sexta praza, aínda que empatado a puntos co quinto. O encontro pasou por varias fases, complicándoselle aos galegos nos minutos finais tras comezar este cun 0-2 en contra que soubo remontar posteriormente. De novo Martín Payero con tres tantos, dous deles de falta directa, foi clave para sumar outra vitoria no Pazo de Deportes Presidente González Laxe.

 Iniciaba o partido o HG CP Cerceda acosando a portaría de Marc Grau con insistencia, pero este detiña todos os lanzamentos dos galegos, sendo tamén os postes un bo aliado do Enrile PAS Alcoy. A pesar do dominio local, un contragolpe ben levado polos de Diego Mir finalizaba co primeiro tanto de David Aguilar, situando posteriormente César Candanedo outro gol para os visitantes tras un potente lanzamento que sorprendía a Willy Domínguez. Complicábase o encontro para os de Juan Copa mediado o primeiro período, pero alí estaba Martín Payeropara poñer remedio.

 Unha tarxeta azul a David Aguilar supoñía a primeira falta directa para Payero que transformaba en gol e, aínda que fallaba a seguinte, nese mesmo minuto 21 emendaba o seu erro cun tanto similar o de Candanedo. Cando parecía que nos iamos ao descanso co 2-2, Pablo Togores colocaba aos locais con vantaxe ao aproveitar unha bóla na área.

Unha tarxeta azul a David Aguilar supoñía a primeira falta directa para Payero que transformaba en gol e, aínda que fallaba a seguinte, nese mesmo minuto 21 emendaba o seu erro cun tanto similar o de Candanedo. Cando parecía que nos iamos ao descanso co 2-2, Pablo Togores colocaba aos locais con vantaxe ao aproveitar unha bóla na área.

O comezo do segundo tempo non viña senón a confirmar o bo momento do HG CP Cerceda, sumando nos primeiros minutos dous goles máis, un de falta directa tras unha tarxeta azul a Marc Grau, o porteiro do Alcoy, por parte de Martín Payero, e outro de Juan Fariza. Co 5-2 o partido parecía controlado, ou polo menos así intuíase grazas ao bo xogo que estaban a despregar os galegos.

Non obstante, unha nova falta directa transformada en gol por César Candanedo mais un penalti que remataba tamén na rede da portaría local por parte de Ferran Formatjé, sementaban a intranquilidade nos seis minutos finais. Afortunadamente os de Cerceda souberon aguantar ben a presión do Alcoy, engadindo así tres puntos máis, pero perdendo o gol average con respecto ao partido da primeira volta. Este resultados permítelles seguir aspirando a cotas maiores ás establecidas dentro do obxectivo inicial da tempada, que era unha permanencia xa garantida.

A próxima semana, visita ao Moritz CE Vendrell o sábado antes de afrontar por segundo ano consecutivo a fase final da Copa do Rei.

 

FICHA TÉCNICA

HockeyGlobal CP Cerceda (5): Willy Domínguez, Joan Grasas, Juan Fariza, Martín Payero, Jacobo Mantiñán -cinco inicial-, Pablo Togores, Gonzalo Pérez e Peli Fernández.

Enrile PAS Alcoy (4): Marc Grau, Ferran Formatjé, Pere Cañellas, David Aguilar, Marc Figa -cinco inicial- Jaume Arché, César Candenedo e David Doménech.

Goles: 0-1 (min. 5), David Aguilar. 0-2 (min. 12), César Candanedo. 1-2 (min. 15), Martín Payero de falta direta. 2-2 (min. 21), Martín Payero. 3-2 (min. 25), Pablo Togores. 4-2 (min. 31), Martín Payero de falta directa. 5-2 (min. 32), Juan Fariza. 5-3 (min. 41), César Candanedo de falta directa. 5-4 (min. 44), Ferran Formatjé de penalti.

Árbitros: Alberto Veiga Martínez e María Teresa Martínez Cancelo. Tarxjeta azul a David Aguilar, Marc Grau e Pere Cañellas.

Pista: Pazo de Deportes Presidente González Laxe. Cerceda (A Coruña).

Hemeroteca