15:12 h. sábado, 20 de abril de 2024

Necesitamos superar as dificultades que temos para poder dar seguridade ao sector marítimo e pesqueiro de Galicia

Antón Salgado  |  20 de enero de 2015 (18:03 h.)

En en este ano hai que simplificar o armazón discordante. Xa que isto non se pode solucionar desde a indiferenza ou a crispación sistemática como forma de goberno, hai que facelo desde o conxunto da sociedade galega e as súas institucións

 

Un 2% dos máis de 300 entes relacionados coa pesca e a Mar que recolle o último censo da Xunta, están instalados nas subvencións do Goberno de Feijóo que pagamos todos os contribuíntes sen ir máis alá da simple contemplación mentres observan como vén abaixo o sector cunha traxectoria de máis de cen anos.

Se a Consellería de Medio Rural e do Mar neste momento dirixida por Alfonso Rueda baixo Decreto, impulsará un cambio para simplificar o marco legal comezando por simplificar o rescate de náufragos e contaminación mariña no noso litoral. Necesitamos superar as dificultades que temos para poder dar seguridade ao sector. Neste momento, para dar saída laboral ou legal ás inquietudes do sector atopámonos con moitísimos impedimentos, as normativas que foron regularizadas desde a chegada de Rosa Quintana non lograron as expectativas desexadas e é a hora de cambiar e facer un "un esforzo", dando cabida a todos os implicados con novas medidas e propostas que dean suficiente confianza ao sector marítimo pesqueiro de Galicia.

Ademais das trabas que impoñen as normativas,  á "gran complexidade" que entraña a normativa creada nestes últimos 4 anos para o sector en todos os sentidos asegurando que "fai falta ser un especialista en dereito para poder cumprir co decretado e baixo as novas normativas e todas elas baixo serias dúbidas da súa concordancia coas europeas e internacionais", sen deixar de lado a necesidade dun gran capital para o non subvencionados para o seu cumplimento.

 A miña proposta consiste en eliminar o filtro da cantidades de normativas e decretos creados para que sexan as da OMI e da UE os que definan o seu modelo e as competencias non se solapen entre as distintas administracións e longamente comprobadas como as máis efectivas para o desenvolvemento do sector.

Hemeroteca