10:28 h. jueves, 28 de marzo de 2024

MARÉ GALEGA PARA GAÑAR

Xoán Antón Pérez Lema  |  29 de junio de 2015 (02:14 h.)

Diversos partidos (CXG, BNG, EU, Anova…), canda entidades sociais, como Somos Nós, formularon xa a súa proposta para unha candidatura galega de unidade para as vindeiras eleccións xerais

E dun xeito moi maioritario as distintas opinións concordan na necesidade de que a candidatura teña o seu centro de decisión na Galicia e dea lugar a un grupo parlamentario de seu e na altísima conveniencia de que a candidatura se constrúa dende a base social,  cun nidio protagonismo da sociedade civil,  ao xeito dunha maré galega.

Ocorre que Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos e  factor esencial na renovación da axenda política  no Estado, quere que as siglas do seu partido estean en todos os colexios electorais, quer  en coalición (en Catalunya, Valencia e Galicia), quer sós (no resto do Estado). E semella que poderá acadar este obxectivo en Catalunya, en coalición con ICV, mais non tan doadamente en Valencia, na que os nacionalistas de Compromis ollan con moita desconfianza a primacía que tenta pór Pablo Iglesias.

Na Galicia, a forza desta maré galega, desta plataforma de unidade cívica semella incuestionábel. A unidade é un factor esencial, mais tamén o é o protagonismo social, cívico. Unha maré apoiada por x partidos achega moito máis ca unha coalición de x partidos. Velaí o evidente desenfoque que sofre Pablo Iglesias na súa proposta electoral no que se refire a Galicia.

Esta maré galega vai precisando a definición dun programa de mínimo común denominador moi inclusivo que ha dar resposta aos desexos sociais dunha m,aior transparencia e una mellor gobernanza, xunto con propostas que poñanm a economía aos ervizo das persoas e da sustentabiidade. Pero tamén cara unha proposta de reforma político-constitucional que blinde o noso autogoberno, garanta un financiamento acaído dos servizos autonómicos e locais e lle restitúa Galicia a súa plena capacidade de decisión sobre a súa economía. Como sempre o autogoberno galego é a clave do noso benestar.

 

A arrincadeira: aniversario do Estatuto do 1936

Este pasado domingo cumpríronse 79 anos dun acto de vontade moi importante: a aprobación por una amplísima mayoría de galegos do Estatuto do 1936. Un plebiscito que nos permitiu acadar ao nível máis alto de autonomía na Constitución do 1978. Estará a sociedade galega do 2015 á altura?

Hemeroteca