00:07 h. martes, 23 de abril de 2024

Máis de 400 deportistas participarán no IV Open Cidade do Lérez de Taekwondo

Stadio Sport  |  05 de junio de 2015 (00:48 h.)

O torneo celebrarase os días 6 e 7 de xuño nas modalidades de exhibición e combate

 

Máis de 400 deportistas (434) e case 20 clubs  participarán esta fin de semana (6 e 7 de xuño) na cuarta edición do  Open “Cidade do Lérez”, que se celebrará en Pontevedra (Pavillón Príncipe Felipe, a partir das 10 horas). 

O sábado celebrarase a competición de combate coa participación de 243 deportistas. Pola mañá (de 10 a 14:00 horas) será a competición infantil e cadete e pola tarde, cadete e júnior. Como novidade este ano modificouse o regulamento na categoría infantil, xa que se permitirán realizar técnicas á cara, agora que están protexidos polo casco integral. O domingo, a partir das 10 horas, celebraranse as exhibicións infantís, cadete e adultas, con 191 deportistas inscritos. 

Este ano o Open, organizado polo club Taekanart de Monteporreiro, realizará unha recollida de alimentos solidaria para os máis necesitados, xunto coa Asociación de Veciños O Mirador. O punto de recollida estará situado ás portas do pavillón.  

 

Clubes participantes

1. Natural Sport de Sada (Coruña)

2. Taekanart de Monteporreiro

3. Mace-sport de Pontevedra

4. CEIP Coiron Dena

5. DOBOK Escuela 

6. Mat´s de Marín

7. Garrapucho de A Coruña

8. Taekwondo Zamora

9. Natural Sport Videlgi (Ribeira)

10. Suh Sport  (Boiro)

11. Kido de Sanxenxo

12. Couto (Ourense)

13. Hebe (Moaña)

14. Kiap (Vigo)

15. Ozono Boiro

16. Patiño Moaña

17. Taemi Asturias

18. Wellmess Sport Santiago

19. Vior Asturias

Hemeroteca