00:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Lara Méndez: “A distinción do cemiterio fortalece o posicionamento de Lugo como destino cultural en España”

Stadio Sport  |  03 de octubre de 2015 (02:00 h.)

A Alcaldesa avanza actividades para difundir e poñer valor o mausoleo neogótico do camposanto, recoñecido como mellor monumento funerario do país. “Aumentan as distincións ao noso patrimonio histórico e cultural, o que dá boa conta dos excepcionais recursos cos que contamos na cidade e potencia aínda máis o atractivo turístico de Lugo”, subliñou a rexedora

 

A Alcaldesa, Lara Méndez, subliñou que a distinción que vén de recibir o cemiterio municipal de San Froilán por contar co mellor monumento arquitectónico funerario de España “fortalece o posicionamento de Lugo como destino cultural no mapa do país”. A rexedora mostrou o orgullo que supón para o Concello e os lucenses este recoñecemento, que engrosa “as distincións ao noso patrimonio histórico e cultural, o que dá boa conta dos excepcionais recursos cos que contamos na cidade e potencia, aínda máis, o atractivo turístico de Lugo”.

Neste senso, Lara Méndez, que visitou este venres o mausoleo neogótico que acadou a distinción, destacou que o Goberno “está a facer unha aposta firme por consolidar o turismo como motor económico para crear riqueza e emprego. Apostamos por un turismo cultural, gastronómico e accesible, e esta declaración de Mellor Monumento Funerario de España axúdanos a avanzar cara esa meta”.

A Alcaldesa avanzou que, ao igual que ocorreu cando este verán o Camiño Primitivo e a Catedral foron declarados Ben Mundial, o Concello organizará actividades para difundir e poñer en valor o mausoleo neogótico do cemiterio.

Así mesmo, agradeceu aos traballadores do Concello, en concreto da área de Servizos Xerais, “o esforzo, compromiso e ilusión” que puxeron para acadar este distintivo.

O mausoleo neogótico do cemiterio lucense resultou gañador do certame organizado pola revista Adiós Cultural, financiada e editada por Funespaña, que ten como obxectivos a potenciación de actividades culturais en torno aos cemiterios, a posta en valor do patrimonio funerario e a súa divulgación.

Hemeroteca