00:07 h. martes, 23 de abril de 2024

Los kilometros de Feijóo

Stadio Sport  |  10 de diciembre de 2015 (00:15 h.)
O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, durante un mitin ofrecido en O Barco de Valdeorras (Ourense). Teatro Lauro Olmo, 9 de decembro de 2015

Feijóo di que co PP se vota por un proxecto  sólido de servizo a España ante candidaturas das que só se sabe que se queren a si mesmas

A VOCACIÓN DE SERVIZO PÚBLICO DE MIGUEL LORENZO

Así se expresaba o líder do PPdeG nun almorzo informativo na Coruña, onde presentou ao cabeza de lista do PP pola provincia para o Congreso nas vindeiras eleccións xerais, o popular Miguel Lorenzo.

 

20151209_FeijóoCoruna_02

Alí, Feijóo fixo fincapé en que, fronte aos que presumen de non ter ningunha experiencia de xestión pero si todas as solucións aínda que non fixeran nunca nada nin as expliquen, Miguel Lorenzo conta cunha ampla experiencia ao servizo das persoas e non presume dela. Ao contrario, proponse cada día facer máis, con humildade, como destacou o presidente do PPdeG, e sen buscar nada máis que servir aos seus veciños.

Con respecto a isto, Feijóo puxo en valor os 36 anos que o candidato popular leva demostrando a súa vocación de servizo público e a súa humildade para exercela e está convencido de que así seguirá sendo os vindeiros catro anos desde o Congreso dos Deputados.

Nesta liña, recordou os seus anos ao servizo do Concello da Coruña, primeiro como concelleiro na oposición e logo como concelleiro de Goberno, na área dos servizos sociais, e sinalou que, mentres algúns non son quen de dialogar para sacar adiante un cambio nos orzamentos, Lorenzo dialogou coas entidades sociais da cidade para prestar mellores servizos. Do mesmo xeito, sinalou que, mentres algúns non saben dicir unha soa das súas propostas para Galicia, o candidato coruñés do PP ten no seu haber un bo número de propostas e outras tantas para os vindeiros catro anos.

 

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, presentou ao candidato ás Cortes Xerais pola Coruña Miguel Lorenzo, no marco dun almorzo informativo de Nueva Economía Forum. Hotel Finisterre. A Coruña, 9 de decembro de 2015

Así mesmo, Feijóo lembrou que fronte a aqueles que só sacan a bandeira dos servizos sociais cando se pode sacar deles un rédito político, Miguel realizou desde María Pita un traballo calado pero eficaz, conseguindo que se evitasen na cidade case 800 desafiuzamentos; destinando ao alugueiro social 75 vivendas municipais ou triplicando as axudas de emerxencia que concedía o Concello.

Feijóo Viajero: O Barco

sdr

20151209_FeijóoOBarco_11

 

Hemeroteca