Imprimir

Inscritas xa 1.400 persoas en Corre con Nós, que se celebrará o 16 de xaneiro en Lugo

Stadio Sport | 30 de diciembre de 2015

O prazo para anotarse seguirá aberto ata o día 12

 

Cando faltan 13 días para pechar a inscrición da proba Corre con Nós. Nocturna Monumental, que a Concellería de Deportes, dirixida por Miguel Fernández, organiza para o vindeiro 16 de xaneiro, xa se anotaron preto de 1.400 persoas, o que dá boa conta da acollida e o éxito desta proba, un referente no calendario deportivo da cidade e da provincia. O prazo para apuntarse na carreira estrela da tempada, enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, remata o 12 de xaneiro.

O Concelleiro de Deportes informou de que a recollida de dorsais farase o mesmo día da proba, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Centro Comercial As Termas. A carreira dará comezo ás 18:00 coas categorías menores para pechar a xornada as 19:00 horas coa carreira adulta.

Miguel Fernández convidou a todos os lucenses “a participar e gozar dunha xornada deportiva, lúdica e de convivencia”.

As persoas interesadas poden encontrar toda a información sobre os percorridos e as inscricións na web municipal, www.lugo.gal.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/atletismo1/inscritas-xa-1-400-persoas-corre-nos-celebrara-16-xaneiro-lugo/20151230181952049865.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS