Partido disputado na mañá do domingo no pavillón Alonso Rodríguez de Noia e no que o equipo local foi claramente superior ó rival
Durante gran parte do encontro, o equipo infantil do CB Noia conseguiu impoñer o seu ritmo de xogo mediante unha intensa defensa que permitía sacar claros contraataques. Cabe destacar o traballo de todo o equipo que xogou o mellor partido no que vai de tempada, primando sempre o colectivo ante as individualidades.
O traballo realizado durante todas estas semanas comeza a verse reflexado na pista, este é o camiño a seguir.
2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINO:
Polo CB Noia xogaron e anotaron: Mateo (14), Hugo (2), Marcos (27), Santi (8), Jorge Mallo (2), Jose Hermida (8), Jorge Porras, Quique (4) e Fran.
C.B. LICEO DE NOIA 65 - 47 PELETEIRO
Marcadores parciais: 13-11, 14-8, 18-14 e 20-14.