00:01 h. sábado, 20 de abril de 2024

A I Copa da Costa de Fútbol Sala Feminino en marcha

Stadio Sport  |  29 de diciembre de 2015 (18:40 h.)

O vindeiro domingo 17 de xaneiro de 2016, Corme convertirase na gran festa do fútbol sala feminino da Costa da Morte

 

A Asociación Deportiva Vidú e o diario dixital Adiante Galicia, baixo a tutela da Federación Galega de Fútbol Sala e coa colaboración do Concello de Ponteceso, organizan a I Copa da Costa de fútbol sala feminino.

O vindeiro domingo 17 de xaneiro de 2016, Corme convertirase na gran festa do fútbol sala feminino da Costa da Morte.

Durante ese día haberá ración dobre do mellor fútbol sala feminino da Costa da Morte no pavillón de Corme.

Na xornada matutina disputaranse as dúas semifinais, mentres que pola tarde, a vila do Roncudo decidirá quen é o campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino.

Os equipos participantes na primeira edición de dita competición son o Fisober FSF de Vimianzo, o AD Atletes de Esteiro, o Concello de Ponteceso FSF e o FSF Villa de Cee. Os grandes ausentes desta I Copa da Costa de fútbol sala feminino son os conxuntos da Sociedade Deportiva A Baña e do Concello de Carnota Lira, os cales non poderán asistir por falta de efectivos para esa data.

Este martes ás 20.00h na oficina municipal de Corme terá lugar a presentación oficial da I Copa da Costa de fútbol sala feminino, un acto no que xa se darán a coñecer os emparellamentos da competición e os horarios de todos os enfrontamentos.

Esta competición nace co propósito de dar visibilidade e fomentar esta modalidade deportiva na Costa da Morte. Ademáis desde a organización teñen o desexo de que este evento teña continuidade nas vindeiras tempadas.

Hemeroteca