Imprimir

O Grupo Popular avoga pola liberdade do proxectista ou arquitecto no deseño de edificios e rexeita a imposición dos chamados tellados verdes

Stadio Sport | 04 de noviembre de 2015

O portavoz de Vivenda, Jaime Castiñeira, lembrou que o Código Técnico de Edificación establece as esixencias mínimas de eficiencia enerxética que deben reunir os edificios. Castiñeira demandou deixar aos axentes que interveñen na edificación para procurar a solución máis eficiente segundo as circunstancias específicas

 

O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, avogou este mércores no Parlamento pola “liberdade do proxectista e o arquitecto á hora de deseñar os edificios e non pola imposición dos chamados tellados verdes sen ter en conta as posibilidades que ofrece a evolución tecnolóxica e as circunstancias específicas de cada lugar”.

Castiñeira lembrou que o Código Técnico de Edificación, aprobado polo Real Decreto 314/2006, establece as esixencias básicas de aforro enerxético a través de obxectivos, límites, metodoloxías ou especificacións, pero non a través de imposicións ríxidas, como serían os tellados verdes.

 

CONSUMO ENERXÍA NULO EN 2020

Deste xeito, o portavoz popular sinalou que se estaría “coartando a necesaria liberdade dos axentes que interveñen na edificación para procurar a solución máis eficiente segundo as circunstancias específicas e acadando os obxectivos previstos no Código Técnico de Edificación”.

Jaime Castiñeira apuntou, ademais, que o Real Decreto 235/2013  incorpora a directiva europea que esixe que os edificios que se constrúan a partir do 31 de decembro de 2020 sexan de consumo de enerxía case nulo. No caso de edificios públicos, este prazo adiántase dous anos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/galicia/grupo-popular-avoga-pola-liberdade-do-proxectista-arquitecto-no-deseno-edificios-rexeita-imposicion-chamados-tellados-verdes/20151104180104046675.html

Stadio Sport
© 2020 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS