00:00 h. miércoles, 24 de abril de 2024

Galicia, campioa de España na xeral por equipos de freestyle

Stadio Sport  |  01 de junio de 2015 (03:28 h.)

As e os deportistas galegos acadaron un total de 15 medallas (3 ouros, 4 pratas e 8 bronces)

 

Galicia proclamouse campioa de España de freestyle na clasificación por equipos, no campionato que se celebrou este domino en Marina D´Or (Castellón). As e os deportistas galegos acadaron un total de 15 medallas (3 ouros, 4 pratas e 8 bronces). 

Ingrid Gómez (Tao) logrou a medalla de ouro, ao ser a mellor na categoría individual de máis de 18 anos. Ademais, Andrea Vilas e Anxo Costa (Tao) acadaron o ouro en Parella de menos de 17 anos e o mesmo fixo o quinteto de máis de 18 formado por Nerea Alamancos, Samuel Meilán, Ingrid Gómez, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez (Tao). 

 

IMG-20150531-WA000sada

 

As pratas foron para: Ángel López do Mace (-17), a parella do Moo  Duk Kwan formada por Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto (parella -17), o quintento do Hebe formado polos deportistas do Hebe  Bárbara Di Martino, Manuel Paz, Daniel Redondo, Álvaro Portela e Nerea Budiño (quinteto -17)  e o quinteto de maís de 18 anos formado por Sandra Mosquera, Nazaret Licer, Paula Gómez, Marcos Silva e Gabriel Moral, logrou a segunda posición. 

Galicia tamén logrou 8 bronces: Eirim Vaamonde (Yidam); Iago Pita (Mace) e Adrián Ventín (Mace) (-17); Bárbara Di Martino e Manuel Paz (Hebe) e Sarai Pazos e Ángel López (Mace) lograron os seus respectivos bronces en parellas de -17 anos; en parellas de máis de 18 anos houbo dúas medallas: Gabriel Moral e Sandra Bouzas (Olimpic) e Alejando Losada e Ingrid Gómez (Tao) e por último sinalar o bronce do quinteto de máis de 18, formado por Angel López, Iago Pita, Adrián Ventín, Sarai Pazos e María Peón (Mace).  

 

IMG-20150531-WA0005

 

O freestyle segue amosando un enorme crecemento nestes escasos tres anos que leva no calendario mundial. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes. 

 

Resultados 2014

Na modalidade de freestyle o pasado ano Galicia tamén logrou o título por equipos  logrou un total de 10 preseas.

Hemeroteca