00:01 h. sábado, 20 de abril de 2024

Galicia acode con 15 deportistas a Copa de España de Loita e ao Campionato de España Universitario

Stadio Sport  |  13 de junio de 2014 (03:00 h.)
loita olimpica

Os deportistas que representarán a Galicia na Copa de España e no Campionato de España Universitario, parten mañá cara a Madrid para participar este fin de semana nas competicións mais importantes desta altura da tempada

O pavillón exterior do CSD (Consejo Superior de los Deportes), acolle este vindeiro sábado 14 de Xuño a Copa de España e o Campionato de España Universitario de Loitas Olímpicas. Os equipos teñen que estar presentes o venres 13 de Xuño nas instalacións do CAR de Madrid para pasar o correspondente control médico e o control de peso.

A Copa de España é unha competición pensada para todos os deportistas nacionais e tamén para todos os residentes, que sen ter a nacionalidade Española, podan participar nun evento como este.

Para esta competición, a Federación Española de Loita convocou a 5 deportistas como integrantes das diferentes seleccións nacionais: Jose Cuba Vázquez, Damián Iglesias Vilela, Bruno Agra, Pablo García García e Lídia Pérez Touriño. Estes deportistas terán que quedarse concentrados nas instalacións do CAR de Madrid dende o domingo 15 ata o venres 20 de Xuño, nunha concentración internacional, convocados polos seleccionadores nacionais.

Os deportistas que participarán no campionato de España Universitario son:

  • Universidade de Vigo: Eliseo Permuy Soto, Pablo García García, Noelia Lalín Canda, Iris Lucía Cepeda e Marcos Miragaya Lama.
  • Universidade de Santiago de Compostela: Alexandre Freire e Jose Gregorio Vera.

O campionato de España Universitario e a proba de selección para participar no campionato do mundo Univeristario que terá lugar do 6 o 12 de Xullo en Pecs (Hungría).

 

PESO

CLUB

NOMBRE e APELIDOS

LOITA LIBRE OLÍMPICA

65 KG

KELTOI DE VILA DE CRUCES

ELISEO PERMUY SOTO (COPA e UNIVERSITARIO)

74KG

STELLAE

JOSE GREGORIO VERA (COPA e UNIVERSITARIO)

74kg

AYUDE

BRUNO AGRA (COPA)

86kg

RÁBADE

DAVID GRANDÍO (COPA)

97KG

TOURO

DAMIÁN IGLESIAS VILELA (COPA)

125KG

VILALBA

JOSE CUBA VÁZQUEZ (COPA)

LOITA GRECORROMANA

59KG

AYUDE DE MELIDE

ALEXANDRE FREIRE (COPA e UNIVERSITARIO)

75 KG

PONTEVEDRA

PABLO GARCÍA GARCÍA (COPA e UNIVERSITARIO)

75KG

VILALBA

PABLO CHAO DURÁN (COPA)

98KG

RÁBADE

MARTÍN VÁZQUEZ (COPA)

130KG

VILALBA

CATRIEL PEHUÉN MURIEL (COPA)

130 KG

LUGO

NICOLÁS LÓPEZ GREDILLA (COPA)

LOITA LIBRE FEMININA

48KG

SAN IGNACIO

SARA VIEITEZ MARIÑO (COPA)

58 KG

STELLAE

IRIS LUCÍA CEPEDA (COPA e UNIVERSITARIO)

75KG

KELTOI DE VILA DE CRUCES

NOELIA LALÍN CANDA (COPA e UNIVERSITARIO)

SELECCIONADORES

RUBÉN MÉNDEZ LOIS

MARCOS MIRAGAYA LAMA

ÁRBITROS

JOSE MANUEL PEREIRA MARTÍNEZ

ÁNGEL AMOR VILLAR

RUBÉN VARELA VÁZQUEZ

 

Hemeroteca