00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Esta fin de semana Ferrol e Riveira acollerán as probas de “Nada e Corre”

Stadio Sport  |  19 de febrero de 2015 (20:47 h.)
nada corre

A final galega celebrarase o 21 de marzo en Pontevedra

 

O programa “Nada e Corre” do 2015 segue dando pasiños. Trala celebración das probas de Lugo e Vigo o día 7 de febreiro, este domingo 22 terán lugar as probas de Riveira e Ferrol, todas elas clasificatorias para o Galego. 

O Nada e Corre de Riveira celebrarase o domingo 22 de febreiro a partir das 10:30 horas no Complexo Deportivo A Fieiteira coa participación de 115 nenos e nenas (28 benxamíns, 35 alevíns, 25 infantís e 27 cadetes).  

Pola súa parte, a proba de Ferrol está prevista para o domingo 22 de febreiro no Complexo da Malata coa inscrición de 140 participantes (25 benxamíns, 44 alevíns, 33 infantís e 38 cadetes). 

Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar en inverno  a natación, de forma moi especial, e a carreira, xa que os técnicos consideran importante traballar estes aspectos. Así o programa “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Lugo, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final. A final terá lugar o día 21 de marzo en Pontevedra  e para a mesma clasificaranse de cada proba os catro mellores por categoría e sexo. 

  

As distancias a realizar dependerán das categorías: 

Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.

Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.

Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.

Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Hemeroteca