00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Festival de Patinaxe do Club Patinaxe Artístico Ribex

Stadio Sport  |  21 de mayo de 2015 (01:59 h.)

Será este sábado 23, ás 18.30, no novo pavillón deportivo municipal de Tui

 

Se o sábado pasado se celebrou o acto de clausura das escolas deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui, no que máis de 1.000 patinadores e patinadoras das veinticinco escolas deportivas de patinaxe da provincia de Pontevedra, demostraron ante un pavillón cheo de espectadores, o aprendido nos seus adestramentos realizados dende o pasado mes de outubro, este sábado 23 se realizará o Festival de Verán de Patinaxe co que o CPA Ribex pecha a súa tempada.

O novo pavillón deportivo municipal tudense volverá a encherse de público que gozará coas actuacións dos grupos do CPA Ribex, así como de grupos convidados de Tomiño, Vigo e Mos. Así mesmo, neste festival patinarán os subcampións da Copa de España de Patinaxe e os campións do programa Xógade do Deporte Galego da Xunta de Galicia, tanto en categoría infantil como en primaria.

O Concello de Tui desexa felicitar ao Club Patinaxe Ribex de Tui, polo apoio realizado no acto de clausura das escolas deportivas de patinaxe e pola organización deste festival, e anima a tódolos tudenses a participar como espectadores neste novo evento deportivo que se realiza no noso concello.

Hemeroteca