00:00 h. martes, 19 de marzo de 2024

Feijóo reinvindica unha política de Benestar que aposta pola conciliación e que pon os máis pequenos no centro

Stadio Sport  |  25 de septiembre de 2015 (18:36 h.)

O presidente do Goberno galego e a titular da Consellería de Traballo e Benestar visitaron as instalacións da nova Escola Infantil de Cambre - O Temple. Pon en valor o incremento, por parte da Xunta, dun 70% do número de beneficiarios do servizo público de garderías, coa creación de 3.827 prazas na Galiña Azul, 532 delas neste mesmo curso

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este venres unha política de Benestar que aposta pola conciliación e que pon aos máis pequenos no centro.

Así o manifestaba o mandatario galego en Cambre, adonde foi, xunto coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para visitar novas instalacións da nova Escola Infantil de Cambre – O Temple. Alí, Feijóo pronunciou unhas palabras de lembranza para as vítimas do accidente do rally da Coruña e de apoio ás súas familias.

O titular da Xunta sinalou que a gardería que hoxe abre as súas portas permitirá a 82 nenos e nenas de 0 a 3 anos dar os seus primeiros pasos xunto con outros rapaces, co fin de que os seus pais poden compaxinar as súas obrigas profesionais e familiares.

Esta escola infantil únese á outra que A Galiña Azul xa ten nesta vila, polo que, en total, a Xunta pon a disposición dos cambreses un total de 164 prazas de gardarías totalmente públicas, cifra que ascende a máis de 9.000 ao sumar o resto de prazas que se atopan repartidas entre os 159 centros do país.

Segundo destacou Feijóo, Cambre non é a excepción, senón o exemplo dunha política de Benestar centrada nos máis cativos, como así o demostra o incremento, por parte da Xunta, dun 70% do número de beneficiarios do servizo público de garderías, coa creación de 3.827 prazas na Galiña Azul, 532 delas neste mesmo curso. Neste senso, matizou que a Xunta tamén financia moitas outras prazas que non dependen dela, colaborando coas escolas dos concellos, de iniciativas sociais ou doutras entidades públicas, como o Sergas ou as universidades.

En total, como recalcou o presidente, son máis de 20.000 os meniños beneficiados por estas axudas, cunha ratio de cobertura que se incrementou en 15 puntos e xa supera o recomendado pola Unión Europea (33%). Entre as prazas subvencionadas, medio milleiro fano a través do sistema de concerto que vimos de poñer en funcionamento no curso que se está a iniciar, para o que destinamos preto de 2 millóns de euros.

 

A conciliación, unha obriga moral

Para o presidente do Goberno galego, a educación dos 0 aos 3 anos, aínda que non é obrigatoria, constitúe unha obriga moral, posto que un país que quere ter futuro debe favorecelo a través do coidado dos cativos e da conciliación dos adultos.

Movidos por este espírito, a Administración autonómica estableceu un amplo paquete de actuacións que transcenden ao ámbito das garderías, entre as que destacan o desenvolvemento de ferramentas de conciliación novidosas, como as casas-niño ou o servizo de axuda no fogar para infancia (SAFI); a aposta pola flexibilidade horaria e o teletraballo na Administración, aos que se acolleron máis de 7.000 empregados; e a aprobación da Lei do Emprego Público, que amplía de 16 a 18 semanas a duración do permiso por parto, adopción ou acollemento para todos os traballadores públicos.

Segundo Feijóo, todas estas medidas converten a Galicia nunha referencia de conciliación a nivel estatal, pero aínda queda por facer.

 

Cooperar para seguir mellorando

O titular da Xunta puxo en valor a colaboración de todos: galegos e galegas, Administración local e todas as institucións que axudan a seguir creando futuro, como a Fundación Amancio Ortega, que contribúen a contar con servizos sociais de calidade.

Hemeroteca