00:03 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A Federación Galega de Caza reinvidícalle á conselleira, Ethel Vázquez, a posta en valor da caza

Stadio Sport  |  13 de febrero de 2015 (20:15 h.)
CONSELLEIRA8

A caza move en Galicia máis de 111 millóns de €uros ao ano

 

O Presidente da FGC, acompañado da Xunta Executiva e dos Presidentes Provinciais, comeza a rolda de contactos cos responsables da Xunta de Galicia, en materia cinexética e deportiva, tralo último proceso electoral no que Javier Nogueira foi reelixido Presidente dos cazadores federados galegos por outros catro anos.

No día de onte, os máximos responsables da Federación Galega de Caza reuníanse pola mañá co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e pola tarde a cita era coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel  Vázquez, á que lle trasladaron os actuais problemas da actividade cinexética.

Para os representantes dos cazadores galegos, faise preciso a posta en valor da caza, unha actividade social na que se integran os 453 Tecores existentes na actualidade, xestionados sociedades de cazadores sen ánimo de lucro.

Dous de cada 100 galegos practican o deporte cinexético, que move nesta Comunidade Autónoma máis de 111 millóns de €uros anuais. Deporte rural por antonomasia, a Caza é a actividade física máis practicada polas persoas da terceira idade –máis do 20% dos cazadores galegos maiores de 65 anos seguen a practicala-.

A posta en valor desta actividade, pasa, segundo os representantes dos cazadores, por defender a imaxe social da caza e do cazador galego, na que é fundamental o papel do cazador pero non menos importante a política de actuación da Administración a este respecto, pois de ambos colectivos vai depender que, ademais da importante función social e medio ambiental que desenvolve a Caza, esta siga a ser un referente dentro da economía galega, en especial da tan minguada economía rural, por iso faise precisa a colaboración entre os diferentes sectores implicados –sociedades de caza, agricultores, gandeiros, federación, e Administración-

A FGC propuxo á máxima responsable do Goberno Galego en materia cinexética, entroutras, as seguintes actuacións:

 

  • Elaboración do Regulamento que desenvolva a actual Lei de Caza.

 

  • Posta en marcha do Fondo de Corresponsabilidade para contribuír á prevención e á compensación dos danos que causen as especies cinexéticas nas explotacións agrarias.

 

  • Formación dos cazadores, e dos responsables dos Tecores.

 

  • Axudas ás explotacións agrarias para a prevención dos danos do xabaril.

 

  • Medidas encamiñadas á recuperación do hábitat e da fauna cinexética, a través de axudas ás sociedades de cazadores.

 

  • Realización de investigacións, estudos e sondaxes sobre diferentes aspectos da actividade e da fauna cinexética.

 

  • Promoción do deporte cinexético como turismo e deporte saudable.

 

  • Promoción da Caza como actividade económica vencellada ao medio rural.

 

  • Descentralización da renovación das licencias de caza, que na actualidade se expiden a través das entidades bancarias, habilitando á FGC para a expedición das mesmas.
Hemeroteca