Imprimir

A directora de Turismo de Galicia destaca que as Rutas dos Viños conforman un referente de turismo de calidade

Stadio Sport | 05 de noviembre de 2015

Resalta o gran potencial enoturístico do territorio do Ribeiro, así como a importancia de seguir traballando pola mellora da calidade e a excelencia. Afirma que o turismo enolóxico estase a converter nun dos principais reclamos da Comunidade galega. Sinala que as Rutas dos Viños contribúen ao impulso do sector e actúan como motor de desenvolvemento económico e cultural das cinco zonas de produción vitivinícola con Denominación de Orixe

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este xoves na presentación do novo material de promoción da Ruta do Viño do Ribeiro que tivo lugar no Centro Comarcal de O Ribeiro.

Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia destacou o gran potencial enoturístico do territorio do Ribeiro, así como a importancia de seguir traballando pola mellora da calidade e a excelencia co obxecto de satisfacer as demandas dun público cada vez máis esixente.

Nava Castro referiuse á importancia do turismo enolóxico e a súa vinculación coa gastronomía, co patrimonio, coa cultura e coa tradición que rodea ao mundo do viño. “Todo este conxunto consegue que o feito de probar novos viños e visitar os territorios nos que se producen estea a converterse nunha tipoloxía turística con gran potencial e un auxe significativo”, afirmou.

A directora de Turismo de Galicia sinalou que cada vez son mais os turistas que acoden a Galicia para entender a concepción dos viños. “O turismo enolóxico estase a converter na Comunidade galega nun dos nosos principais reclamos, xa que outorga unha experiencia orixinal ao englobar unha infinidade de posibilidades para todos os gustos e preferencias”, afirmou.

Así mesmo, Nava Castro fixo referencia ao Plan Integral de Turismo de Galicia a través do cal, segundo explicou, traballase no fortalecemento e dinamizacións das adegas e viticultores das rutas dos viños de Galicia. “Na estratexia de centrar a oferta turística de Galicia no patrimonio e nos recursos endóxenos, buscando a desestacionalización e os novos públicos, se procura a activación e a dinamización turística dos territorios vinícolas”, sinalou.

Dentro das iniciativas desenvoltas para a dinamización e posta en valor dos territorios dos viños, Nava Castro destacou o propio desenvolvemento turístico das Rutas dos Viños de Galicia, das cales afirmou “conforman un referente en canto á enogastronomía y turismo de calidade”.

A responsable de Turismo da Xunta explicou que coas Rutas dos Viños lógrase fusionar todos os recursos e servizos turísticos de interese das zonas vitivinícolas de Galicia nun so produto, contribuíndo deste modo ao impulso neste sector e actuando como motor de desenvolvemento económico e cultural das cinco zonas de produción vitivinícola con Denominación de Orixe.

Nava Castro destacou que a posta en marcha de iniciativas de promoción, como a presentada no día de hoxe pola Asociación da Ruta do Viño do Ribeiro, supoñen a posta en valor dun recurso que ten gran capacidade de atracción e que ao mesmo tempo é moi versátil, dado que pode complementarse con outros produtos ou experiencias enriquecendo así a oferta turística da nosa comunidade.

 

Material promocional

O novo material promocional presentado integra un Mapa enoturístico que será un instrumento para guiar ao turista polo territorio; un Caderno de Ruta, onde se atopa información adicional sobre cada un dos recursos da Ruta do Viño do Ribeiro; a páxina web www.rutadelvinoribeiro.com, que será a ferramenta de comunicación 2.0, accesible e con toda a información relevante, un recurso de comunicación dinámico onde atopar todos os eventos e noticias relacionados coa Ruta do Viño do Ribeiro. E, por ultimo, as Cartas de Viño, que constitúen un elemento diferenciador para todos os establecementos asociados.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/galicia/directora-turismo-galicia-destaca-rutas-vinos-conforman-referente-turismo-calidade/20151105161311046719.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS