00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O día 28 de xuño celebrarase no Porriño a III Gala do Deporte Feminino en Galicia

Stadio Sport  |  06 de junio de 2014 (03:00 h.)
logo mudega

O prazo de recepción de candidaturas está aberto ata o próximo día 11 de xuño

O próximo día 28 de xuño celebrarase no Concello do Porriño a III Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras e clubs da pasada tempada (ano 2013).

Con este acto, Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais do noso colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles nos medios de comunicación.

O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende a semana pasada e finalizará o próximo mércores 11 de xuño e poden presentar propostas federacións, concellos, institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular. Posteriormente estas candidaturas, que deben ser enviadas ao correo mudega-presidenta@hotmail.com, serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir a quen se le outorgan os premios.

Os premios que se van a entregar son os seguintes:

Mellor directivo/a (máis comprometido/a co deporte feminino)

Mellor deportista feminina

Mellor deportista feminina con discapacidade

Mellor deportista feminina promesa

Mellor equipo feminino

Medio de comunicación amigo do deporte feminino

Premio á traxectoria 

Mellor árbitro ou xuíza o Institución pública amiga do deporte feminino

Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino 

Mellor adestrador/a feminino 

Mellor iniciativa a prol do deporte feminino

Hemeroteca