00:00 h. viernes, 19 de abril de 2024

A Deputación entregou axudas por valor de 57.000 euros a 5 entidades deportivas da cidade de Pontevedra

Stadio Sport  |  25 de abril de 2014 (03:00 h.)
deputac pontevedra

Representantes dos clubes agradeceron a celeridade do organismo provincial na entrega destas subvencións, que lles permite asegurar e planificar a súa participación en competicións deportivas

 

A deputada provincial Ana Isabel Vázquez reuniuse durante a xornada de hoxe no Pazo Provincial con representantes de 5 clubes deportivos de Pontevedra aos que fixo entrega de axudas por un valor total de 57.000 euros, subvencións que enmárcanse dentro da labor que fai a Deputación a prol do desenvolvemento deportivo de cada un dos clubes.

As axudas, destinadas á participación en ligas e competicións oficiais, distribuíronse do seguinte xeito: 25.000 euros para a Sociedade Ximnástica  Pontevedra; 15.000 para o Club Baloncesto Arxil; 9.000 euros para o Club Leis 26 F.S Pontevedra e 5.000 para o Club Galaico Sincro. Tamén a Asociación Deportiva Escudaría de Pontevedra recibiu 3.000 euros para o desenvolvemento da XVII Subida Cidade de Pontevedra.                                              

A deputada manifestou o compromiso do organismo provincial para continuar e aumentar con esta liña de axudas que ademais se entregaron coa maior celeridade posible no primeiro cuarto do ano, motivo de loa e agradecemento por parte dos representantes de tódalas asociacións debido a rapidez fronte a outras administracións, o que lles permite participar nos eventos programados.

Por outra banda Ana Isabel Vázquez lembrou que “a Deputación é a institución que máis colabora co deporte con axudas para distintas competicións” o que significa motivo de orgullo e satisfacción contribuíndo ao desenvolvemento dos deportistas a través destes campionatos.

Hemeroteca