00:02 h. viernes, 19 de abril de 2024

A Deputación e ‘Cruz Roja’ imparten formación gratuíta a 235 persoas na provincia de Lugo

Stadio Sport  |  28 de diciembre de 2015 (19:40 h.)

En total foron 8 cursos de ‘Psicoloxía aplicada ao Envellecemento’ e 7 de ‘Alimentación, Dietética e Nutrición’ aos cales asistiron 235 alumnos, un 80% dos cales eran mulleres

 

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, fixo entrega este luns dos diplomas de formación en “Envellecemento Activo” destinados ás persoas voluntarias de programas de Intervención Social con persoas maiores, así como a participantes dos proxectos de emprego que organiza ‘Cruz Roja’ en colaboración coa Deputación de Lugo. Os cursos, de ‘Psicoloxía aplicada ao Envellecemento’ e de ‘Alimentación, Dietética e Nutrición’, repetíronse en 8 edicións o primeiro e 7 o segundo pola provincia. En total foron 750 horas de formación a 235 persoas. Máis do 80% do alumnado eran mulleres, moitas delas maiores de 50 anos e adicadas ao coidado formal ou informal de persoas maiores, que valoraron moi positivamente a formación recibida.

Esta iniciativa supuxo unha oportunidade única para moitas persoas excluídas da formación reglada que oferta o INEM, xa que para acceder a eses cursos é necesario posuír o título de Competencias Clave e o Celga 3 de coñecementos de galego, requisitos que moitas persoas non cumpren. A formación ofertada pola ‘Cruz Roja’ e a Deputación de Lugo permitiulles adquirir ferramentas útiles para o desenvolvemento das tarefas de coidado que xa veñen realizando e poder complementar os seus currículos de cara a busca de emprego.

Os cursos, de 50 horas de duración cada un, tiveron unha demanda altísima e permitiron ao alumnado adquirir ferramentas moi útiles como a xestión do ‘duelo’ ante o falecemento dun achegado, comprender a complexidade do desenvolvemento emocional das persoas anciás, así como os cambios no sistema músculo-esquelético e adquirir coñecementos sobre hábitos saudables de alimentación e as indicacións e contra indicacións das principais dietas terapéuticas.

Hemeroteca