00:00 h. viernes, 19 de abril de 2024

A Deputación cede á Protectora de Animais e Plantas de Lugo os terreos necesarios para a ampliación das súas instalacións

Stadio Sport  |  08 de octubre de 2015 (02:00 h.)

Elena Candia e Javier García Calleja asinaron o convenio en virtude do cal a institución provincial cede gratuitamente unha parcela de 40.200 metros cadrados da súa propiedade situada en Santa María de Muxa

 

A titular da Deputación de Lugo, Elena Candia, asinou este mércores un convenio de colaboración coa Asociación Protectora de Plantas e Animais de Lugo, representada polo seu presidente, Javier García Calleja. Con este convenio, a institución provincial cede unha parcela da súa propiedade, totalmente de balde, para que a sociedade poida ampliar as súas instalacións de acollida de animais abandonados.

A parcela, denominada Codesido ou Codeside, ten unha superficie de 40.200 me está situada no lugar de Piñeiro, pertencente á parroquia lucense de San María de Muxa permitirá a esta Sociedade reforzar a prestación dos seus servizos de recollida de animais abandonados e de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade aos concellos.

Candia resaltou o compromiso da institución que ela preside coa Sociedade Protectora. De feito, unha das primeiras visitas que realizou ao chegar ao Goberno provincial foi precisamente a estas instalacións, durante a que deu a noraboa ao equipo humano que presta servizos nelas.

Hemeroteca