Imprimir

Cristóbal Rodríguez participará na Copa do Mundo de Pentatlón Moderno de Exipto

Stadio Sport | 20 de marzo de 2015

A competición comezara este venres coa fase clasificatoria e o obxectivo é lograr unha praza na gran final, que terá lugar o domingo

 

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará a partir de hoxe na Copa do Mundo de Pentatlón Moderno de Exipto, co obxectivo de facer un bo papel nesta importante competición. Cristóbal xa se atopa no Cairo, onde hoxe se está a disputar a fase clasificatoria da proba feminina. 

A competición comezará este venres coa fase clasificatoria e o obxectivo é lograr unha praza na gran final, que terá lugar o domingo. Nesta oportunidade, Cristóbal será o único representante español na segunda proba da Copa do Mundo do presente ano e confía en render a un mellor nivel que en Sarasota (Estados Unidos), xa que acudiu renqueante por unha lesión nun nocello e non puido facer unha boa competición. 

Na Copa do Mundo do Cairo participarán un total de 190 deportistas de 28 países e haberá un altísimo nivel competitivo, con grandes deportistas que buscarán puntos para o ránking, xa pensando nos Xogos Olímpicos de Río.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/atletismo1/cristobal-rodriguez-participara-na-copa-do-mundo-pentatlon-moderno-exipto/20150320023518034051.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS