Ás axudas en materia social ás familias en situación de vulnerabilidade (477.478 euros) se lle engaden os 90.000 euros que a Concellería de Educación suscribe anualmente coa Federación de Anpas en materia de comedores escolares
O Concello de Ourense destina este ano 567.487 euros ás familias, con motivo do inicio do curso escolar. Así, tal e como se fixo público onte, este ano se reforzarán as axudas a escolares en situación de vulnerabilidade. En total, durante este curso a Concellería de Asuntos Sociais destina 477.478 euros para axuda ás familias, tanto no gasto da escolarización e alimentación, como en conciliación e intervención socioeducativa. A esta cantidade engádeselle 90.000 euros que aporta anualmente a Concellería de Educación ao convenio suscrito coa Federación de Anpas para os comedores escolares.
Logo de valorar as 1.283 solicitudes (foron estimadas 870) procedentes de 714 familias ourensás en situación de vulnerabilidade, o Concello de Ourense, a través da Concellería de Asuntos Sociais destina 401.220 euros (un 3% máis que o ano pasado) para o programa de axuda escolar, tanto en material escolar para Educación Infantil (275 perceptores fronte aos 254 do ano pasado). As cuantías son de 90 euros (alumnos de 3 anos); 110 euros (alumnos de 4 anos) e 125 euros (alumnos de 5 anos).
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL |
||
|
CURSO 2014-2015 |
CURSO 2015-2016 |
1º E. INFANTIL (3 ANOS) |
74 |
77 |
2º E. INFANTIL (4 ANOS) |
77 |
94 |
3º E. INFANTIL (5 ANOS) |
103 |
104 |
TOTAL |
254 |
275 |
As axudas para comedores supoñen unha subvención do 100% do custe para os alumnos de centros públicos e un 45% para os de centros concertados. como para o comedor (595 axudas, fronte ás 577 do pasado curso) para todos os ciclos educativos de centros públicos e concertados.
AXUDAS PARA COMEDORES ESCOLARES (INFANTIL E PRIMARIA) |
||
|
CURSO 2014-2015 |
CURSO 2015-2016 |
CENTROS PÚBLICOS |
340 |
344 |
CENTROS CONCERTADOS |
237 |
251 |
TOTAL |
577 |
595 |
O 100% das familias que están en situación de vulnerabilidade (é dicir, que cumpriron cos baremos que rixen estas axudas) son deste xeito preceptoras da axuda municipal. Esta medida supón que as familias con menos recursos poderán optar a unha alimentación axeitada para os seus fillos durante todo o curso escolar.
O goberno municipal recalca tamén que por primeira vez nos últimos anos, as axudas sociais ás familias en situación de vulnerabilidade foron resoltas no inicio do curso escolar. De feito, a concesión dos vales para a compra de material escolar serán entregados ás familias de xeito inmediato, unha vez publicados os listados das persoas perceptoras. Deste modo, non sucederá nos cursos pasados, nos que moitas familias non puideron mercar o material escolar dos cativos ata ben entrado o curso.