03:53 h. jueves, 18 de abril de 2024

O Concello de Oleiros realiza un curso de apoio emocional ás persoas coidadoras

Stadio Sport  |  20 de octubre de 2015 (20:48 h.)

O persoal que presta o Servizo de Axuda no Fogar, vai levar a cabo unha actividade formativa co título de “Axudar ao que axuda”, enfocada a mellorar as capacidades de empatía, comunicación, xestión do estado anímico e liderazgo das auxiliares deste servizo

 

No seu traballo diario, atendendo á persoas con maior ou menor grado de dependencia, é fundamental o seu papel de apoio ás persoas coidadoras, polo que mellorar as súas capacidades e habilidades é básico. O curso, que se desenvolverá durante seis sesións de dúas horas, un día á semana, propón diversas actividades e talleres prácticos con dinámicas baseadas na intelixencia emocional e programación neurolingüística (PNL), metodoloxías que están a obter uns resultados excelentes na mellora das relacións humanas.

O curso estará impartido por Marcela Parga, coach trainer de ICC, de Instituto Ben Pensante, unha profesional de recoñecido prestixio e cunha ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de formación.

Esta acción formativa do persoal do Servizo de Axuda no Fogar segue a liña de traballo de apoio ás persoas coidadoras que se está a levar a cabo con outros proxectos municipais como son “Coidando e Descubrindo Emocións”, grupos de autoayuda de coidadores que fomentan un maior benestar de coidador e, en consecuencia, unha mellor atención á persoa que coidan, e que tras varios anos de andadura estase a a consolidar como un complemento fundamental na atención as persoas maiores e con dependencia en Oleiros.

Hemeroteca