00:06 h. viernes, 19 de abril de 2024

O Concello de Oleiros investiu máis de 200.000 euros na mellora de máis de 60 parques infantís

Stadio Sport  |  08 de octubre de 2015 (19:38 h.)

Nestes días, remataron todas as obras de remodelación e ampliación acometidas en diversos parques infantís do municipio. En total, destináronse máis de 200.000 euros a estas actuacións

 

Algúns parques foron ampliados e noutros colocáronse novos xogos, deixando todos os recintos adaptados á normativa europea de espazos infantís.

Deste xeito, tamén se dá por atendida a demanda de moitos veciños e veciñas que se dirixiron ao Goberno local reclamando estas actuacións.

Hemeroteca