00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O Concello de Lugo apoia o deporte de base colaborando co XIV Torneo de Futsal Cidade de Lugo

Stadio Sport  |  23 de diciembre de 2015 (14:39 h.)
pic

1.400 deportistas disputarán esta competición que terá lugar os días 26, 27 e 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro no Centro Deportivo Terra, na Casa do Deporte, no Pavillón Municipal dos Deportes, no Daniel Cordido e no Palomar

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente do Prone Lugo, Ovidio Pérez, presentaron este mércores no Salón de Comisións o XIV Torneo de Futsal Base Cidade de Lugo, que organiza o club deportivo en colaboración co Concello de Lugo os días 26, 27, 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro no Centro Deportivo Terra, na Casa do Deporte, no Pavillón Municipal dos Deportes, no Pavillón Daniel Cordido e no pavillón O Palomar. “Enmárcase na nosa aposta por fomentar o deporte de base ao tempo que impulsamos o nosa cidade”, subliñou o edil.

No acto de presentación, ao que tamén asistiu o xefe provincial de deportes de Lugo, Manuel Cadramón, e un representante da xunta directiva do club Prone, Manuel Vázquez; Fernández fixo fincapé no elevado número de participantes que se darán cita en Lugo neste certame deportivo, posto que participarán un total de 111 equipos e sobre uns 1.400 deportistas de 6 categorías diferentes que disputarán 194 partidos.

O Concelleiro tamén fixo fincapé no compromiso do Concello co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades, ao tempo que puxo en valor as dotacións e infraestructuras deportivas coas que conta a cidade. “Grazas a esta inversión pódese avanzar na política de apoio ao deporte de base, como a que vimos realizando nos últimos anos á vez que podemos acoller eventos deportivos deste calibre”, asegurou Fernández.

Pola súa banda, Cadramón e Vázquez fixeron fincapé na boa acollida que ten este torneo, que o pasado ano deixou un retorno económico na cidade de ao redor de 500.000 euros.

2 fases

O torneo consta dunha primeira fase de carácter autonómico con representación de equipos de todas as provincias galegas que se disputará os días 26, 27 e 28 de decembro. Os campións desta primeira fase das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, uniranse ao resto de equipos procedentes de toda España para disputar a fase final entre os días 2 e 4 de xaneiro. As finales das distintas categorías - benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil sub-17- que se celebrarán o día 4 serán retransmitidas in streaming e poderán ser seguidas en tempo real a través dunha aplicación.

 

 

Hemeroteca