00:03 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Case cincuenta taekwondistas galegos participarán no I Open Internacional de Aragón

Stadio Sport  |  16 de enero de 2015 (00:41 h.)
taekwondo aragón

No torneo participarán uns 500 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior

Case cincuenta taekwondistas galegos participarán este sábado 17 de xaneiro no I Open Internacional de Aragón, que se celebrará en Zaragoza. O torneo reunirá a preto de  500 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior en pesos olímpicos.  

A expedición galega partirá esta noite en autobús en dirección a Zaragoza. A pesada celebrarase o día 16, mentres que a competición terá lugar o sábado. No Open, que se celebrará no Pavillón Siglo XXI de Zaragoza, participarán as mellores seleccións españolas ademais de equipos europeos, coma Portugal, Francia, Andorra ou Marrocos. Así que será unha boa proba para o combinado galego cara aos campionatos de España.

 
Hemeroteca