00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

O Campionato Galego de Acuatlón celebrase o sábado en Parga

Stadio Sport  |  25 de julio de 2014 (03:00 h.)
acuatlon

Os gañadores do 2013 foron Crisanto Grajales e Marta Barbeito. Participarán case 200 deportistas en todas as categorías

 

O Campionato Galego de Acuatlón 2014 celebrarase o sábado 26 de xullo no Club Fluvial de Parga (Guitiriz)  coa participación de case 200 deportistas (43 na absoluta, 76 en alevíns e benxamíns, 42 en cadetes e 35 en infantís).  

Este torneo, que comezará as 16:30 horas coa saída de benxamíns e alevíns, disputarase en todas as categorías e as distancias son diferentes dependendo da idade dos participantes. Así os benxamíns e alevíns terán que facer 500 metros de carreira a pe, 200 metros de natación e 500 metros de carreira a pe. Os infantís sairán as 16:50 horas (1.000 metros, 400 natación e 1.000 metros), mentres que a saída cadete será ás 17:15 horas (1.500 metros, 500 natación e 1.500 metros). Na proba cadete, grandes deportistas e con especial protagonismo para Carmen Gómez, campioa de España de tríatlon da categoría, que no mes de agosto participará nos Xogos Olímpicos da Xuventude en representación de España. 

Na categoría absoluta feminina Marta Barbeito (A.D. Fogar) non defenderá o título do pasado ano, e entre as inscritas non destaca unha clara favorita. Silvia Deira (Arcade Inforhouse), Xiana Rendo (Dexter Tríatlon) ou Sandra Sobreira (Atletismo Porriño) son algunhas das posibilidades. 

Na categoría masculina si estará o actual campión galego, Crisanto Grajales (Cidade de Lugo Fluvial), que terá que enfrontarse a deportistas coma Andrés Cendán (Dexter Compostela), Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) ou Alejandro Fernández Anido (Cidade de Lugo Fluvial). As distancias na proba da categoría absoluta (18:00 horas) son de 2.500 de carreira a pe, 1.000 metros de natación e 2.500 de carreira.  

 

Ano 2013

Hai un ano, Crisanto Grajales (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) e Marta Barbeito (A.D. Fogar) proclamáronse en Portosín campións galegos de Acuatlón 2013.

Hemeroteca