00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O campión de España Cristóbal Rodríguez e a campioa de Europa cadete, Aroa Freije, vencedores do Trofeo Nadal de Péntatlon Moderno da Coruña

Stadio Sport  |  28 de diciembre de 2014 (01:05 h.)
IMG-20141227-WA0004

O campión de España absoluto, Cristóbal Rodríguez Fidalgo, e a campioa de Europa cadete, Aroa Freije, proclamáronse vencedores da primeira edición do Trofeo Nadal de Péntatlon Moderno da cidade da Coruña. Nesta proba participaron máis de cen deportistas entre o torneo do Nadal e o Nada e Corre

 

Na categoría absoluta Cristóbal foi moi superior aos seus rivais, logrando o triunfo con facilidade, mentres que houbo unha dura pelexa polo segundo posto entre o campión xuvenil portugués, Daniel Lopes, e o galego Raúl Blanco. Ao final, segunda posición para o portugués con 885 puntos e terceiro, Raúl Blanco (855).   

Na categoría cadete, triunfo para Aroa Freije por diante da portuguesa María Migueis, que hai unhas semanas quedou por diante dela nunha proba en Portugal. Aroa fixo unha magnífica proba ao impoñerse en natación e combinada. Ademais, os cadetes realizaron a proba de esgrima (aínda que non sumou na clasificación) e tamén foi a mellor. 

 

 

No trofeo, que se disputa na súa primeira edición e ademais é a primeira proba de péntatlon moderno que se celebrará na cidade herculina, participaron deportistas de Galicia, Asturias, Cantabria e a selección do norte de Portugal.  

No resto das categorías do torneo de Péntatlon os gañadores foron: Mercedes Vila e Óscar López (benxamín); o luso Manuel Migueis (alevín); Andrea Vidal e Martín Freije (infantil) e o asturiano Gabriel Carrillo (cadete masculino).

 

 

Tamén se celebrou unha proba de Nada e Corre para deportistas locais. As distancias son distintas segundo as categorías. En benxamín os participantes realizaron 50 metros de natación e 500 de carreira a pe; en alevín, 100 metros de natación e 500 de carreira; para a categoría infantil as distancias son de 200 e 1.000; en cadete, os deportistas fixeron 400 metros de natación e 2.000 de carreira a pe, e por último as distancias para a categoría absoluta foron de  500 (natación) e 3.000 (carreira). Os resultados do Nada e Corre foron os seguintes: 

Benxamín: Susana Amor (Club do Mar San Amaro) e Sergio Soto (Fogar de Carballo).

Alevín masculino: Diego López (Náutico de Narón).

Infantil masculino: Álvaro Ordiales (Náutico de Narón).

Cadete: Raquel Abeleira (Club do Mar San Amaro) e Martín Cañete (Club do Mar San Amaro).

Xuvenís: Ana Veiga (Club do Mar San Amaro) e Aitor Carneiro (Club do Mar San Amaro).

Absoluto: Berta Pedrosa (Natación Gijón) e Ramiro Santos (Club do Mar San Amaro).

Hemeroteca